BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 20 de decembro de 2021

VISITAMOS AS DORNAS NO EDIFICIO MULTIUSOS

A INVERNADA DAS DORNAS

Iniciamos a nosa investigación sobre os barcos da Arousa, coa visita ao edificio multiusos onde pasan a inverno as dornas.

Aprendimos un montón sobre como se constrúen,

que hai de distintos tipos segundo para o que se utilizan e que cada parte ten o seu nome. 


Que teñen "matrícula" e que lle poñen nomes de persoas da familia, de praias e lugares da Arousa, de animais do mar,....


E moitas outras cousas!!!

Moitas grazas á Escola de Navegación Tradicional Dorna e a Dane e Rodolfo, por recibirnos e compartir con nós todo o que saben destas embarcacións que forman parte da vida da Illa de Arousa.










venres, 10 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO DEREITOS HUMANOS

 O alumnado de 3º de Primaria elaboramos este vídeo para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que celebramos cada 10 de decembro.


Tamén nos podedes escoitar en Radio Carcamán
(premede na imaxe)




luns, 22 de novembro de 2021

SUJETO Y PREDICADO

Primeiro mira este vídeo para recordar as partes da oración.


 E agora, xa sabes, preme nas imaxes para xogar e practicar.





NUMERACIÓN

Xogos para practicar a numeración.

Lembra, preme nas imaxes para comezar a xogar.








 

venres, 19 de novembro de 2021

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CONSERVA

No Centro de Interpretación da Conserva, na antiga fábrica de Goday, a guía Ana contounos moitas cousas sobre a historia da Arousa e sobre as fábricas de conserva que había na nosa illa.



Sobre as máquinas,


as traballadoras,


os tipos de conservas que facían



e mesmo sobre algúns dos aparellos utilizados para extraer o marisco e outros produtos do mar, que consumimos en conserva.


Grazas Ana!!




luns, 15 de novembro de 2021

OLA LIBRIA!!

Como cada ano, Libria achegouse á nosa aula para compartir con nós as ganas de novas lecturas e para facer entrega do seu carné da biblioteca á nosa nova compañeira Julia.






luns, 1 de novembro de 2021

CHEGOU O SAMÁIN!!

Un ano máis chegou

O SAMAÍN!!!

Unha festa de medo!!!

Un medo de festa!!!


Así o vivimos na nosa aula.



E así o vivimos en cada recuncho do noso colexio.


mércores, 6 de outubro de 2021

Hai días que estamos investigando e aprendendo que son os volcáns e como funcionan, facendo un pequeno seguimento do entrou en erupción na illa de La Palma.

Imos repasar as partes que ten e, de seguido, colocamos correctamente as capas que ten o noso planeta Terra.

Lembra, preme na imaxen para acceder ás actividades e xogos.





Aproveitamos para practicar un pouco coas táboas de multiplicar!





martes, 21 de setembro de 2021

ESTAMOS DE VOLTA!!

 Comezamos unha nova aventura!!

A aventura dun novo curso!!

Que ben atoparnos, vernos, falar sen parar... que gañas de xogar, contar as nosas vacacións, coñecer ás novas profes...

Inchamos as velas da nosa dorna e comezamos a navegar polo mar de 3º!!


Temos moito por vivir e aprender!!