BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 28 de maio de 2021

NÚMERO E XÉNERO DOS NOMES

 Imos practicar co número e xénero dos nomes, cuns exercicios de preguntas e xogos.

Pero primeiro imos lembrar como distinguir o número, é decir, se están en singular ou plural.


E agora como saber o xénero, é decir, se están en feminino ou en masculino.


Pois se o tendes claro, 
xa podedes comezar a ronda de preguntas!!
(xa sabedes, premede nas imaxes para ir a cada xogo)










xoves, 27 de maio de 2021

FACEMOS MÚSICA COA NATUREZA DO NOSO ENTORNO

Onte saímos de novo á praia e ao pinar do Cabodeiro, para facer unha interesantísima e divertida actividade dirixida polo mestre de música, o profe Carlos.

O primeiro foi organizarnos en grupos e organizar o traballo en cada grupo.





E despois comezamos a buscar obxectos da natureza cos que facer sons, ritmos, . . . fotografiámolos e grabámolos para logo crear composicións audiovisuais.






Próximamente veremos os resultados finais das orixinais composicións musicais que naceron desta experiencia.

E aínda nos quedou tempo para, como non, repoñer forzas, xogar e divertirnos no marabilloso entorno que temos.






mércores, 19 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Ola nenas, nenos e familias!!

Chegou ese momento do ano en que festexamos as nosas queridas letras e, como parte da festa, editamos un número máis da nosa Revista Carcamán.

Premede na imaxe e poderedes ver as páxinas que redactamos este ano; tamén están as que elaboramos dende as aulas de 2º. Esperamos que vos guste!!   


Aquí tendes unha cantiga e uns xogos sobre a autora homenaxeada este ano: a profesora, poeta, escritora e traductora  Xela Arias Castaño, da que xa sabemos moitas cousas.
Poñede atención e a ver se sodes quen de atinar con todas as respostas.

A cantar e xogar!!







xoves, 13 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS e TAREFA SEMANAL

 O vindeiro luns celebramos a gran festa das nosas letras, este ano adicado a 

Xela Arias Castaño.

Na aula xa comezamos a saber dela e seguiremos coñecéndoa durante a semana que vén.


Traballamos co poemario Darío a diario, que escribeu cando naceu o seu fillo, no que fala do paso do tempo; e precisamente diso vai a nova tarefa semanal, que será o punto de partida do seguinte proxecto que comezaremos na aula nos próximos días.

1º. Buscar unha FOTO ANTIGA onde saia algúen da familia nalgún lugar da Arousa (ou da localidade onde vivides).

2º. RECREAR esa foto coa nena ou neno como protagonista. É dicir, REPETIR A FOTO NO MESMO LUGAR e o máis similar posible, para poder ver o paso do tempo tanto no espazo físico como noutros aspectos como, por exemplo, a vestimenta.

3º. Escribir a "HISTORIA" da foto orixinal: cando foi feita, quen a fixo, porque se fixo, quen aparece nela, ... 

4º. Por último, facédelle unha foto á imaxe antiga e mandade as dúas (a antiga e a actual) a o noso correo (asineiradotorreilla@gmail.com)
A "historia" da foto antiga traédea á aula na carpeta "de ida e volta".
Data límite: o vindeiro xoves, 20 de maio.
______________     ______________

Aproveito para deixarvos unhas fotos do traballo destes días, investigando e descubrindo cousas sorprendentes sobre o mundo das rochas e minerais.
OBSERVAMOS E ANALIZAMOS

BUSCAMOS INFORMACIÓN


RECOMPILAMOS OS DATOS OBTIDOS

E creamos estruturas resistentes con figuras xeométricas, como se fai en arquitectura imitando a estrutura dos minerais máis duros.


venres, 7 de maio de 2021

DICIONARIO DA AROUSA e XOGOS MATEMÁTICOS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio, coa imprescindible colaboración de todo o alumnado e das familias, levou a cabo un laborioso traballo de recollida de palabras e expresións propias.
Podémolo escoitar neste DICIONARIO DA AROUSA.  

 NORABOA POLO FANTÁSTICO RESULTADO!!

(preme en  View this image)

--------------------------          -----------------------------         ----------------------------      

Para seguir aprendendo os números a partir de 100, aquí tendes máis actividades e xogos para seguir practicando.










martes, 4 de maio de 2021

TRABALLAMOS COAS CENTENAS

Imos traballar coas centenas.
Atendede a estes vídeos explicativos antes de comezar coas actividades. 



Premede nas imaxes para comezar a practicar; fíxarse ben para conseguir a máxima puntuación.

 




Agora un pouco máis complicado
le ben as preguntas antes de contestar.




CREAMOS COA NATUREZA

O pasado venres saímos de novo á praia de Cabodeiro para facer unha divertida actividade de Plástica que nos propuxo a profe Xema.

Aquí tendes un vídeo resumo do traballo creativo con elementos da natureza.




domingo, 2 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Para conmemorar o 2 de maio, Día Internacional contra o acoso escolar, as compañeiras e compañeiros de 6º de Primaria presentan este vídeo.


Podemos paralo!!
Temos que actuar!!
  Valentía afecto

   xenerosidade   compañeirismo   

empatía   inclusión

          
Somos diferentes, 
non indiferentes.