BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 26 de febreiro de 2021

REPASO SEMANAL

Aquí tendes un vídeo e uns exercicios para practicar o uso das maiúsculas.




Lembrade que ao rematar hai que premer en TERMINADO para poder comprobar se atinamos coas respostas.
(premede na imaxe)


Agora uns xogos para seguir practicando a ordenar as palabras da forma axeitada para que formen unha frase, igual que fixemos na aula.






Le con atención as frases e escolle as que sexan certas.







E agora coloca as palabras no lugar exeitado.




Para rematar, un pouco de matemáticas.
Lembrades a canción dos números pares e impares?




A practicar!!!









mércores, 24 de febreiro de 2021

 HOXE É O DÍA DE ROSALÍA!!



Compartimos aquí un xogo para lembrar cousiñas da súa vida e da súa obra,

(premede na imaxe)



un poema recitado, un poema ilustrado e un poema musicado.

"Parece unha rosa"


"Moucho, non che teño medo!"



Versión musicada do poema "Cantarte, hei Galicia", do libro Cantares Gallegos.




venres, 19 de febreiro de 2021

24 de Febreiro - Día de Rosalía

O vindeiro mércores, día 24 de febreiro, lembramos o día en que naceu a nosa escritora máis coñecida, Rosalía de Castro. Os seus poemas traducíronse a multitude de idiomas e lense en todo o mundo!

Sabídades que ata hai unha estrela co seu nome?

Uxía Senlle dedícalle esta bonita canción.


Estivemos investigando sobre ela estes días e limos poemas seus. 

Algúns son moi, moi coñecidos, como este que comeza así 


Escoitade esta versión musicada que fixo o grupo Astarot.



Pois xustamente sobre a nosa querida Rosalía vai a TAREFA SEMANAL.  Tedes 2 opcións:

- Escoller un poema dos que hoxe levades  para a casa (ou outro de Rosalía que vos guste) e ilustralo con debuxos, nun folio ou nunha cartulina.

- Ou, se o preferides, facer un mural co que sabedes sobre Rosalía.

Coma sempre, cando teñades o traballo rematado, sacádelle foto e mandádea a través da AULA VIRTUAL. Pero desta volta, traédeo tamén ao cole para facer unha exposición. Tendes de prazo xustamente ata o mércores 24, Día de Rosalía.



luns, 15 de febreiro de 2021

 OOOOla entroideiras e entroideiros!!

A pesar das circunstancias deste ano, non esquezades que estamos en datas de diversión e alegría; na casa tamén podemos lucir as nosas mellores galas carnavaleiras.

Que non decaia o ánimo e a ilusión!!


Déixovos aquí uns pasatempos e xogos para traballar a atención,  a creatividade e, como non, practicar as mates e as letras. 

(Premede nas imaxes)

De número a número.



Enche de cores.


Cal é o resultado correcto?


Serás quen de atopar todas as palabras?


Que número falta?


Coidado con Don Vampiro!!


sábado, 13 de febreiro de 2021

ENTROIDO!!

Este ano facemos a nosa particular e sentida homenaxe a todas as científicas e científicos.


"Un país sen investigación 
é un país sen futuro" 
Margarita Salas, investigadora científica.

A diversión entroideira chega a todos os lugares do colexio!
Mirade este vídeo en Educación Física; 
grazas profe Noelia!



Feliz Entroido!!!

luns, 8 de febreiro de 2021

CHEGA O ENTROIDO!!

 Esta semana comezamos os preparativos para celebrar unha das festas con máis tradición na nosa localidade e en toda Galicia. 

A festa da creatividade,  da diversión e dos disfraces  

O ENTROIDO!!



E para ir entrando en materia, no colexio organizamos o 
MANDADO DO MECO.


Así que hoxe viñemos moi fachendosas e fachendosos cos nosos chalecos "glamurosos"!!

xoves, 4 de febreiro de 2021

SERES VIVOS E INERTES

Imos cunha nova tarefa semanal

Desta vez sobre os seres vivos e inertes

Pero antes propóñovos xogar un pouco e, de paso, lembrar as diferenzas entre uns e outros.

Nesta primeira actividade, só tendes que premer na resposta correcta. Se non é a axeitada, porase en vermello e ao final volverá a aparecer a pregunta para que poidades cambiar a resposta.

(preme na imaxe)


Nesta outra, primeiro escoitade o que nos conta o noso amigo Camaleón e logo completade o exercicio. 
Cando rematedes, premede en TERMINADO, e logo en comprobar mis respuestas para ver se acertastes todas.
(preme na imaxe)


 Aquí tendes que facer igual que na anterior: ver o vídeo, facer os exercicios, premer en TERMINADO e comprobar as respostas.

(preme na imaxe)


E agora que xa sodes expertas e expertos no tema, aquí vai a TAREFA SEMANAL, que desta vez ten dúas partes:
1.- a primeira é un RETO:  A ver se sodes quen de escribir un ser vivo e un obxecto ou elemento inerte que comezen con cada letra do abecedario
Ánimo!! A ver cantos conseguides!!!
Podedes facelo nunha plantilla semellante a esta:




2.- a segunda parte consiste en que fagades un debuxo ben bonito onde haxa 5 seres vivos e 5 inertes. 
Coma sempre, unha vez que teñades todo rematado, sácalle una foto e mandádea a través da AULA VIRTUAL; tendes de prazo ata o próximo xoves.

Importante: Comprobade que se lea e se vexa ben, e non esquezades escribir con letra clara (en minúscula) e colorear con coidado.