BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 27 de novembro de 2020

TAREFA SEMANAL: MENÚ SAUDABLE

Agora toca falar dos alimentos que o corpo precisa e que o aparato dixestivo transforma en nutrientes para fortalecer músculos e osos e para que o noso organismo goce de boa saúde.
Na aula clasificámolos nos 5 grupos que forman a roda da alimentación saudable.


E tamén os distribuimos nas cinco comidas do día.


TAREFA SEMANAL

Pois disto vai a tarefa que toca facer na casa coa familia: elaborar UN MENÚ SAUDABLE para tres días (como mínimo, se vos animades podedes facelo para toda unha semana).

1.- Facede unha plantilla semellante á que tendes a continuación nun folio grande, nunha cartulina, nun cartón...; ou usade calquera outro formato que vos guste.


2.- Escribide, con minúsculas e en galego, os nomes dos alimentos e comidas; podedes facer debuxos, utilizar fotos ou recortes de revistas para ilustrar.

3.- Lembrade que ha de ser un menú equilibrado e saudable, tendo en conta os alimentos que han de tomarse todos os días, 2-3 días na semana ou moi de cando en vez.


4.- Facédelle unha foto e enviadea a través da Aula Virtual antes do vindeiro 
venres día 4; pero traédeo tamén ao colexio para expoñelo. 

Atención!!!: revisade e comprobade que todo esté correcto antes de mandalo!
Agardamos ver eses fantásticos traballos!! 


mércores, 25 de novembro de 2020

 Día para a eliminación da violencia contra as mulleres

Dende o noso colexio queremos prestar a nosa voz para loitar contra a violencia de xénero. Este curso son puidemos xuntarnos físicamente pero dende cada aula gritamos ben forte NON Á VIOLENCIA!!!

Premede na imaxe.



O APARATO DIXESTIVO

Esta semana coñecemos como funciona o aparato dixestivo, que se encarga de transformar os alimentos en nutrientes que precisa o noso corpo.




Fíxate ben nos nomes da partes que interveñen no proceso de dixestión. 

Agora a ver se podes colocar cada un no seu lugar:

APARATO DIXESTIVO


O noso amigo Camaleón axúdanos a ver o percorrido que fan os alimentos.



E para rematar hoxe, unha divertida canción para lembrar que pasa en cada fase da digestión.





xoves, 19 de novembro de 2020

DE REPASO

Aquí queda este vídeo que vos pode axudar para que na casa sigades practicando coas nosas amigas as letras.

Collede papel e lapis e a escribir!



Este outro para lembrar e repasar os nomes deses outros amigos que forman o noso esqueleto. 
A ver se conseguides decilos todos!!


E se vos animades, creade a vosa coreografía, grabádevos e enviádea ao noso correo (asineiradotorreilla@gmail.com) para que poidamos compartila na aula.


Rematamos coa canción escollida este ano no colexio para o vindeiro 25 de novembro: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Para ir ensaiando. (Girasoles, de Rozalén)






martes, 17 de novembro de 2020

MAGOSTO

Diferente sí, como todo nestes tempos, pero tivemos magosto!!



Gardando a distancia e coas medidas de seguridade imprescindibles, 
non podía pasar este día sen cantar e bailar!!








 


luns, 16 de novembro de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑANZA

Hoxe animamos a que xoguedes toda a familia con estas adiviñas que nos propoñedes dende a casa.


 

E postos a adiviñar...

quen é quen? 

Botamos man da nosa habilidade artística para "camuflarnos" pintando cada parte da nosa cara dunha cor.

Seredes quen de identificarnos?


Anotade as vosas apostas e premede en SOLUCIÓN para ver cantos acertastes.


xoves, 12 de novembro de 2020

XOGANDO CON DECENAS

Desta volta imos xogar coas matemáticas. Tendes aquí algunhas propostas para practicar coas decenas de xeito divertido e ameno.

Premede en cada título para ir a cada xogo.











venres, 6 de novembro de 2020

O NOSO CORPO

 Estes días andamos a voltas co corpo. 

Repasade aquí os nomes das partes da cabeza, tronco e extremidades.



Esta canción tamén pode axudarvos.


Agora que xa coñecedes como se chaman as partes do noso corpo, a ver se sodes quen de atopar a solución destas adiviñas:


Cinco moniños nunha palma

cada un ten o seu nome.

Uns son escribanos 

e outros contadores.


É planta pero non ten raíz;

non ten flor pero ten cheiror

que molesta ó meu nariz.


É un monte pequeniño;

é un monte con dúas fontes

que manan se me arrefrío.


Lembrade as vosas respostas 

e comprobaremos na aula se estades no certo.


 E agora tócavos a vós!!


TAREFA SEMANAL: 

- Inventade unha adiviña, coa axuda da familia, sobre a parte do corpo que queirades.

- Aprendedea de memoria para poder recitala.

- Mamá, papá,... (ou outra persoa da familia) terá que gravarte co móbil ou coa tablet recitándoa, pero non digas a solución!

- Entrade na Aula Virtual do cole (podedes acceder dende o blog se premedes na imaxe do colexio que hai na marxe dereita) e subide o vídeo para que o podamos ver na aula. 


TENDES ATA O PRÓXIMO VENRES DÍA 13


ÁNIMO E IMAXINACIóN!!


xoves, 5 de novembro de 2020

VISITA SORPRESA

 Hoxe tivemos unha visita moi especial: 

Libria!!


Como non podemos visitar como nos gustaría a biblioteca do noso colexio, Libria decideu traernos un agasallo moi esperado: unha caixa cheiña de contos para seguir gozando das lecturas, aínda que con todas as precaucións necesarias e cumprindo coas medidas de seguridade.

Tamén lle entregou o carné da biblioteca a Antonio,
o compañeiro que chegou este curso ao noso 
colexio. Benvido!!

Grazas Libria!!    Ata pronto!!




luns, 2 de novembro de 2020

CONXURO DO SAMAÍN

Polo Samaín, lembramos a celebración ancestral dos celtas para despedirse definitivamente do verán e dar a benvida ás estacións do frío e das noites longas e días curtos. 

Pero tamén é unha noite especial, chea de maxia e de historias de almas de mortos que volven a visitarnos.

Recitamos un orixinal conxuro, creado pola profe Nieves,  para que as "ánimas dos defuntiños que van alá" teñan paz e arreden de nós medos e pesadelos.




















Lede este libro e coñeceredes máis sobre a nosa tradición do Samaín.