BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 20 de decembro de 2021

VISITAMOS AS DORNAS NO EDIFICIO MULTIUSOS

A INVERNADA DAS DORNAS

Iniciamos a nosa investigación sobre os barcos da Arousa, coa visita ao edificio multiusos onde pasan a inverno as dornas.

Aprendimos un montón sobre como se constrúen,

que hai de distintos tipos segundo para o que se utilizan e que cada parte ten o seu nome. 


Que teñen "matrícula" e que lle poñen nomes de persoas da familia, de praias e lugares da Arousa, de animais do mar,....


E moitas outras cousas!!!

Moitas grazas á Escola de Navegación Tradicional Dorna e a Dane e Rodolfo, por recibirnos e compartir con nós todo o que saben destas embarcacións que forman parte da vida da Illa de Arousa.










venres, 10 de decembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO DEREITOS HUMANOS

 O alumnado de 3º de Primaria elaboramos este vídeo para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que celebramos cada 10 de decembro.


Tamén nos podedes escoitar en Radio Carcamán
(premede na imaxe)