BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 29 de xaneiro de 2021

30 de Xaneiro: DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 As nenas e nenos de segundo estivemos traballando esta semana sobre o necesario que é coidar o planeta e o entorno natural que temos máis preto, para acadar un mundo realmente en paz e sostible.

Por iso presentamos este traballo que fixemos con todas as fotos que enviastes, para decir que temos que 

CONSTRUIR A PAZ COA NATUREZA!!



Imos agora a poñer a proba a vosa agudeza e atención para poder resolver as incógnitas que nos propón este xogo e poder chegar á solución final (se descubrides o código secreto, escribídeo nun papel para amosalo o luns na aula e recibir a recompensa)

Animádevos a facelo en familia.

(PREME NA IMAXE)


             
----------------------------------------------
     
   Deixo aquí un recompilatorio dos vídeos que fumos vendo estas semanas sobre o ciclo da auga, as súas características e os estados nos que se pode atopar, para que repasedes o que estivemos traballando na aula.
O CICLO DA AUGA



AS CARACTERÍSTICAS DA AUGA


OS ESTADOS DA AUGA


Cánto sabes da auga?
(preme na imaxe e xoga)

BOA FIN DE SEMANA!!



domingo, 24 de xaneiro de 2021

DÍA DA EDUCACIÓN

 HOXE CONMEMORAMOS 

O DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

E as compañeiras e compañeiros de 5º fixeron este vídeo conto sobre o libro "El lápiz mágico de Malala".




xoves, 21 de xaneiro de 2021

TAREFA SEMANAL

Cantas cousas estamos descubrindo sobre a auga e sobre o necesaria que é;

ALGO IMPRESCINDIBLE PARA QUE HAXA VIDA!! 

Aquí o noso amigo Camaleón lémbranos as características que ten:

 

E de tanto falar de auga, chegounos á aula unha carta de alguén moi especial: UNHA GOTA DE AUGA DA AROUSA!


No fermoso libro que nos enviou de agasallo, " A gotiña de auga que quería ser especial", coñecimos un pouco das aventuras das pingas da chuvia e descubrimos como se forma o arco da vella.

Esta canción fala precisamente diso.


Nestes vídeos vemos uns experimentos con auga para crear o noso propio arco da vella.




Pois diso vai a TAREFA SEMANAL:

- Elixe un experimento.

- Coa axuda dun adulto, colle o que precises; e cando o teñas feito sácalle unha foto.

Exemplo de plantilla para rexistrar
o experimento


- Escribe nun papel os materiais que utilizaches e enumera os pasos que seguiches para facer o experimento; sácalle tamén unha foto.



- Enviade as dúas fotos a través da AULA VIRTUAL (ou podedes facer unha soa foto co resultado do experimento e o rexistro dos pasos ao lado; pero comproba que se vexa ben o que escribiches).


LEMBRADE ESCRIBIR CON MINÚSCULA E CON LETRA BEN FEITIÑA E CLARIÑA, PARA QUE POIDAMOS LER DESPOIS NA AULA.


 

venres, 15 de xaneiro de 2021

O CICLO DA AUGA

Esta semana estivemos traballando sobre a auga, os seus cambios e os seus estados.

Aquí tendes un par de vídeos para lembrar e repasar o que aprendimos.



Animádevos e facede na casa o experimento que sae ao final!!


Agora a xogar un pouco!
Atopa as 10 palabras relacionadas coa auga agochadas neste encrucillado.
 
Co que xa sabedes, intentade contestar ás preguntas axeitadamente. Fixádevos e lede con atención para escoller a resposta correcta.