BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

domingo, 25 de outubro de 2020

COMEZAMOS NOVO CURSO NO NOSO BLOGUE

Boas tardes nenas e nenos de 2ºA e benvidas e benvidos de novo ao voso blogue!

Este será un lugar para visitar coas vosas familias para que lle ensinedes algunhas das cousas que facemos na aula e para ver a tarefa semanal que teredes que facer na casa.

Subiremos actividades, vídeos, xogos... relacionados coas distintas materias e que nos servirán para reforzar o que estamos a aprender na aula. E tamén actividades e traballos para que poidades compartir con todas as persoas que vós queirades.


A primeira actividade está relacionada con ciencias sociais. Ao comezo deste curso cumpríronse 35 anos da inauguración da ponte que une a Illa de Arousa co continente e levamos semanas traballando sobre este feito histórico.

A TAREFA DESTA SEMANA, consistirá en facer unha pequena investigación sobre as pontes:

1º) Investigar e buscar nomes de pontes famosas no mundo.

2º) Investigar e buscar nomes de pontes en Galicia.

3º) Escoller unha de cada e facer un debuxo ou pegar unha foto nun folio (ou folla de libreta) e poñer ao lado de cada unha os seguintes datos:

            - Nome da ponte

            - Lugar onde se atopa

            - Quen a construeu (se se sabe)

            - Ano de construcción

4. Entrar na aula virtual do cole (se premedes na imaxe de abaixo xa entraredes) e subir a foto do voso traballo.

AQUÍ TENDES UN TITORIAL PARA SABER COMO MANEXARVOS NA AULA VIRTUAL..