BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

martes, 31 de marzo de 2020

AVISO URXENTE!!

Queridas familias:

Hoxe dirixímosnos especialmente a vós para mandarvos todo o noso agarimo e ánimo nesta situación que nos ten tan preocupados a tod@s e, como xa saberedes, se prolonga ata novo aviso. Así que seguiremos traballando co blogue como ata agora e estando en contacto a través do email para o que precisedes. 

O que máis nos preocupa é que os nenos e nenas estén ben e o máis tranquilos e entretidos posible. Grazas por ternos informadas a través do email, xa que os botamos moitísimo en falta!

Como dixemos, seguiremos colgando propostas voluntarias de actividades, a maioría lúdicas para intentar de que, ademais de que estén entretidos e non perdan o ritmo, as tomen como un xogo e isto se faga máis levadeiro para tod@s! 

Non nos cansaremos de darvos as GRAZAS as veces que faga falta pola vosa colaboración dende as casas para que isto resulte máis sinxelo e, tamén, polas vosas mostras de preocupación, cariño e apoio que non sabedes o que axudan e animan!

Volvemos a lembrar que non é necesario imprimir as fichas e, por favor, aínda menos, saír a imprimilas! Hai miles de opcións e agora o primordial e coidarnos moito tod@s!


OUTRA COUSIÑA IMPORTANTE:

INFORMACIÓN IMPORTANTE: PRUEBAS DE ACCESO 2018 | IES Daute-Los Silos

Como xa puidestes ver na páxina web do colexio chégannos instruccións de que, ESTE VENRES 3 DE ABRIL, temos que facervos chegar as NOTAS (onde só se terá en conta o traballado ata o XOVES 12 DE MARZO, nunca o traballo dende a casa) a través da PLATAFORMA ABALAR MÓVIL. 

Só tedes que:

1. Entrar na aplicación ABALAR MÓBIL.
2. Pinchar no nome do nen@.
3. Pinchar no MENÚ (arriba na esquerda).
4. Pinchar na pestana “Cualificacións”.

Por favor, os que non poidades acceder a esta aplicación polo motivo que sexa e queirades recibir as notas, escribídenos ao correo de sempre: asineiradotorreilla@gmail.com para que llas poidamos enviar. Á volta entregaremos a tod@s os boletíns impresos coma sempre.

AGRADECERIAMOS A DIFUSIÓN DESTA INFORMACIÓN POR 
TODOS OS MEDIOS QUE POIDADES PARA QUE CHEGUE TODAS 
AS FAMILIAS. GRAZAS!

Para rematar, queriamos expresar que, como vos dicimos moitas veces nas titorías, as notas son un trámite e máis, nestas idades e circunstancias así que, cando nos vexamos, que tod@s desexamos que sexa moi pronto, seguiremos a falar dos nen@s  nos termos que de verdade importan e cara a cara, preocupándonos ademais de pola súa aprendizaxe, por enriba de todo, dos seus sentimentos, do seu benestar a da súa tranquilidade.

Grazas pola vosa comprensión e bo facer!

Mandámosvos DECENAS de apertas, tranquilidade, ánimo 
e todo o apoio que precisedes!
E máis aínda para esos pequechos e pequechas que nos seguen a alegrar os días cos seus traballos, as súas fotos, os seus sorrisos…
e aos que botamos tanto en falta!


Vémonos pronto!
As titoras de primeiro.

luns, 30 de marzo de 2020

Hoxe toca gozar coa lectura!!


Ola, ola caracolas!!


HOXE TÓCALLE O TURNO 

AO MUNDO DAS LETRAS!


istary Madera magnético letras juguete para niños dibujos animados ...

Aquí tedes 2 páxinas moi interesantes:



e

Nesta páxina especialmente estes xogos molan!



- Unir letras para formar un debuxo:  


Aproveitamos para presentarvos ao MONO SÍLABO! 
El vos axudará a ler mellor!

Comecemos cun repasiño…




Agora animámosvos a que sigades lendo máis letras
con este moniño tan divertido!!

E FALANDO DE LER…

A NOSA MASCOTA


No blog da biblioteca tedes unha páxina
súper interesante para pequenos e maiores!


E por último unhas fichiñas divertidas!

 

 




 


E aínda recordades o abecedario?
Un repasiño...
Intentade completar as letras que faltan...
en minúsculas!!


Recordamos que TODAS as actividades son só propostas
e que non é necesario imprimir as fichas!
Por favor, non saiades para iso!
Podedes coller ideas, copialas nun folio...

ESTE NENO TENO MOOOI CLARO!!
Unhas risas para despedirnos...


domingo, 29 de marzo de 2020

Como nos gustan as festas! E as decenas!

Ola matemáticos e matemáticas!!

Por qué cuesta aprender matemáticas? Un profesor de la UAH responde

Que ben senta unha festa cando toca
estar tantos días na casiña, verdade?

Dibujo de Sombrero de fiesta pintado por en Dibujos.net el día 07 ...

A das decenas triunfou!

Número Diez Velas De Dibujos Animados Ilustraciones Vectoriales ...

E se de festas e de decenas falamos...
Daniela e a súa familia son o mellor exemplo!

Xuntaron unha DECENA DE PERRUCAS...



...unha DECENA DE SOMBREIROS 
CARNAVALEIROS!!


E aínda xuntou unha última DECENA! 


Gael móstranos o seu mellor sorriso
cunha…DECENA DE CROMOS DO BARçA!!
(Aínda que…SEMPRE DORNA!! Jiji!)



Celtia optou pola natureza e mirade onde
e como colocou unha…DECENA DE FOLLAS!!


Sergio recolectou por duplicado!!
Primeiro unha DECENA DE MEDALLAS que gañou 
cos seus compis nos campionatos de fútbol!!
Boa idea para sentirvos máis pretiño!




E agora unha DECENA de bonecos 
dun dos seus personaxes favoritos!!
E CON SORPRESA!! Grazas!!




O que xuntou Dani...tamén vai de deporte!!
Unha DECENA DE BALÓNS!!



Seguimos con Clara que nos manda un vídeo
no que conta unha…DECENA DE CHUPETES!


Alén está feliz coa súa DECENA DE…
bonecos de PLAYMOBIL!!
(E con esas vistas ao mar! Que morriña!)


André decidiuse tamén por xoguetes e xuntou
unha DECENA DE… FERRAMENTAS!!


E tamén dunhas pezas de dúas cores!!



E lle gustou tanto o reto que seguiu 
xogando a xuntar DECENAS!!




Pablo tamén se animou e por...duplicado!
Unha DECENA DA SÚA COLECCIÓN DE IMÁNS!!



E outra DECENA...DOS SEUS XOGOS FAVORITOS!!


E sen sabelo...coincidiu con Luca!!
Que tamén decidiu xuntar unha DECENA DE XOGOS!!


Ylenia tamén estivo recopilando pola casa unha 
DECENA DOS SEUS MUÑEQUIÑOS PREFERIDOS!!
A nós tamén nos encantan!! Que olliños teñen! :)



Alba tamén se decidiu por peluchiños e xuntou
unha...DECENA DE EMOTICONOS!



A cousa segue indo do mesmo...
Mirade a DECENA DE PELUCHES que xuntou Pepe!



E que me dicides da foto de Breo?
É sobre algo...que todos temos!!
Xuntou unha DECENA DE DEDAS!!



Sabedes que? A Leire estes días caeulle
un dente! E o Ratiño Pérez tróuxolle unha LOL
coa que completou a súa DECENA!!



Alicia púxose a contar e a sumar e...
5+5 por un lado, e 5+5 polo outro,
xuntou DÚAS DECENAS DE WIZZIS!!



E rematamos con Leo que fixo un montón de
operacións e problemas con DECENAS!
Moi ben CAMPIÓN! Isto nun SOL dos nosos…
sería enorme!! Alguén máis se anima?


Ademais do anterior, tamén fixo o RETO!
Pero ocurríuselle propoñernos un XOGO!
Moi boa idea!! 😉  E nos pregunta…
CANTAS DECENAS TEÑO NA FOTO?
E nós engadimos…QUE OBXECTOS SON?


Máis preto para axudarvos...


Chegarán a unha centena? 
(Terían que ser 100!!)
Nuns días…recibiredes a resposta!


Chegou o primeiro resultado ao "RETO DE LEO"!
Clara calculou e calculou...e isto mandou!



E XA QUE ESTAMOS 
EN FIN DE SEMANA...
UNS AGASALLOS EN DECENAS!!

CUENTO: LAS UNIDADES QUE LLEGARON A SER DECENAS.

10 CUENTOS INFANTILES.

10 CUENTOS PARA DORMIR (SUBTITULADOS EN INGLÉS)

10 CUENTOS MARAVILLOSOS DE ANDERSEN.

CUENTO: EL NÚMERO 10.


UNHA DECENA DE BICOS!


UNHA DECENA DE MOTIVOS 
PARA DAR APERTAS!


E UNHA DECENA ESPECIAL...
para vós, familias!


Nós tamén os adoramos 
e os botamos de menos!

xoves, 26 de marzo de 2020

Festa da decena!!


Bos días amiguiños e amiguiñas!

Un día máis…e un día menos na casiña!!

E sabedes unha cousa?

Os días pasan e pasan e xa levamos…

máis dunha DECENA de días na casiña!!

Um…DECENA!! Recordades que cantidade era?

Unhas pistas…



As mestras xuntamos unha decena de obxectos
que tiñamos polas nosas casas 
e fixémoslle fotiños

Mirade as da profe Mila!!

Unha decena de mini-contos!
Que ganiñas de lelos todos!


Unha decena de lapis divertidos!
Como molan!


Unha decena de animais mariños!
Um...unha pista para próximas actividades?


Esta profe é unha caixa de sorpresas!

Agora tócalle á profe Alicia!

Que sabedes? Vendo unha das fotos da profe Mila
tamén se dou conta de que tiña 
unha decena de lapis e bolis divertidos!!
(E de paso...proponvos un xogo! Atopade a diferenza e poñédea nun comentario! jiji!)




Unha decena de mini-calcetíns
colgados nunha sineira!


Unha decena de calcetíns divertidos e...
con mensaxes para estes días!!




(Máis de preto para que poidades lelos!)




E agora retámosvos a vós!!

Queremos fotos de decenas dos obxectos máis
ORIXINAIS, RAROS, DIFERENTES

que atopedes pola casa!

Así botaremos unhas risas xunt@s!
A saber o que pode saír de aquí!

E outro reto!!
Seredes capaces de mandarnos nos comentarios
sumas e restas que teñan de resultado 10?

Incluso, con axuda, podedes conseguir outro tipo
de operacións: multiplicacións, divisións...
Por exemplo:
19-9=10
(Podedes incluso mandar foto ou vídeo da suma ou resta.)

E outra pregunta...é un número PAR OU IMPAR?





E algún PROBLEMA con ese resultado 
con cousiñas da casa?

POR EXEMPLO:
Meu pai comeu 5 froitas esta semana e
miña nai outras 5. 
Cantas froitas comeron entre os dous?
5+5= 10 froitas.
(Podedes incluso mandar foto ou vídeo do problema.)

E aproveitando que nos poñemos matemáticos,
aí van unhas fichiñas de repaso!

Primeiro recordamos...

  

     





   
  




E tamén uns enlaces con xogos
moooi interesantes e divertidos!A por eles!!

Páxina de xogos moi interesantes:

https://www.cokitos.com


Especialmente estes:

                                         https://www.cokitos.com/suma-alienigena/
                                         https://www.cokitos.com/juego-matematicas-divertidas/

E para rematar...

CANTEMOS XUNTOS!!

Contemos primeiro...ata 20!
Dúas decenas completas!


"Yo tenía 10 perritos" 
A restar cantando dende a decena!


Agora a contar de dez en dez!!
Primeiro despaciño...


e agora con moita marcha!!


(Cando xa o teñas controlado... podes quitarlle o volume e decir 
ti soíño as decenas! Atréveste?)

E xa para despedirnos...
GRAZAS nunha DECENA de idiomas!

E  para vós familias...
vai en decenas tamén 
unha mensaxe de ánimo!


PODEMOS!!

A por 10 días máis XUNTOS
TELEMÁTICAMENTE!!

BO FIN DE SEMANA!!
:)