BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

mércores, 23 de decembro de 2020

TAREFAS NO NADAL

XA CHEGOU O NADAL!

ESTAMOS DE VACACIÓNS!

E COMO IMOS ESTAR MOITO TEMPO NA CASA pROPÓÑOVOS DÚAS ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA.

LEMBRADES AS CARTAS DO ELFIÑO PEPIÑO?













COMO EL Di, A AROUSA TEN MAXIA!!

Ten encantos especiais, recunchos fermosos, anécdotas e vivencias únicas, persoas sorprendentes, historias fantásticas... 

Pois diso vai a primiera proposta: recompilade todas esas cousas que para vós e as vosas familias fan que a Arousa teña esa maxia.

Escribide sobre o que máis vos gusta, sobre o voso recuncho ou actividade favorita, a historia máis interesante do avó ou da avoa, contade por que preferides a Arousa a calquera outro lugar. E facédeo en formato libro, nun diario, en forma de conto, nun mural...; xa sabedes, liberdade, imaxinación e creatividade!!. 
(As compañeiras e compañeiros que están noutras localidades da Ría de Arousa, poden facelo sobre o lugar onde viven)

Vai ser moi interesante compartir todo iso na aula á volta!!

_  _   _   _  _____________________  _  _  _  _

Segunda tarefa: Para seguir coñecendo o que nos rodea e onde vivimos, a segunda proposta é que marquedes nun mapa o camiño que percorredes dende as vosas casas ata o colexio.
Engade os nomes das rúas por onde pasas, algún debuxo ou foto de algún lugar ou espazo que atopas no camiño. Debúxate, se fas o percorrido andando, ou o medio de transporte que utilizas.


O camiño á escola pode ser precioso e moi interesante!! Podemos atoparnos con paisaxes e imaxes fermosas, pero certo é que ás veces tamén tropezamos con outras desagradables e preocupantes.


Vós xa sabedes da importancia da reciclaxe e do tratamento axeitado dos resíduos, así que anímovos a que saquedes fotos se vos topades con lixo pola rúa, ou con desperfectos ou elementos rotos, e que fagades un mural ou collage con elas.


 Á volta analizaremos na aula como están as nosas rúas e o noso entorno (urbano e natural) e faremos un traballo para concienciar da necesidade de coidar e respectar os espazos comúns.

Apertas enoooormes e bicos a moreas!!
Felices Festas!!




luns, 14 de decembro de 2020

LOCALIDADES E OFICIOS

Imos repasar o que estivemos aprendendo estes días en ciencias sociais. 

Primeiro vemos estes vídeos sobre os distintos tipos de localidades e os servizos municipais. 

Logo facede o xogo que está a continuación.

 

Tendes que colocar a palabra correcta en cada imaxe; preme despois en ENVIAR RESPUESTAS, para comprobar que o fixeches ben.


Agora imos lembrar os distintos tipos de traballos ou profesións que poden realizar as persoas. Logo, clasifica os oficios que aparecen no xogo que están a continuación



Lembra que para comprobar se o fixeches correctamente tes que premer en ENVIAR RESPUESTAS.




E para rematar, unha sopiña de letras.
(Para ver mellor, preme no icono de pantalla completa na parte inferior dereita)









xoves, 10 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

As compañeiras e compañeiros de 3º elaboraron un "Rosco de PASAPALABRA" para conmemorar este día tan importante.
A ver cantas acertades!!


 

venres, 4 de decembro de 2020

PARA ESTES DÍAS DE DESCANSO ESCOLAR TENDES AQUÍ UNS XOGOS MATEMÁTICOS, DE SUMAS E CÁLCULO MENTAL, E UN PARA PINTAR MANDALAS PRACTICANDO AS SIMETRÍAS.

PREMEDE NAS IMAXES PARA IR A CADA UN DELES.

A XOGAR!!












xoves, 3 de decembro de 2020

UN MAR DE COR

 3 DE DECEMBRO

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O alumnado de Valores presenta o conto UN MAR DE COR para lembranos que todas e todos temos capacidades e habilidades, pero que tamén todas e todos precisamos axuda.




E aquí  temos a Púas, o ourizo que coñecimos esta semana na aula.
Estaba  tan preocupado porque non quería facer dano coas súas púas, que as súas amigas e amigos déronlle unha grande sorpresa!



































Todas diferentes,

 ningunha igual.

Todos necesitamos axuda e gústanos axudar.