BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 25 de novembro de 2019

Démoslle a volta á violencia!!

Hoxe conmemoramos unha data moi importante: 


O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 

e todos os demais tipos!


Porque o que se precisan son palabras agarimosas, axuda e moitos, moitísimos SORRISOS!!


Así que nos vestimos de escuro cunhas cintas violetas e xuntámonos todo o cole 


para darlle a volta a palabras moi negativas e...



convertilas noutras palabras que son as mellores do mundo mundial!


PREPARAMOS TODO E OS DE PRIMEIRO 

DIXEMOS BEN ALTO QUE...


non queremos INSULTAR, 

xa que "DÁNDOLLE A VOLTA" mellor é RESPECTAR!



E tampouco queremos GOLPEAR, senón que preferimos "DARLLE A VOLTA" e ser "AMABLES".



E despois de rematar todos os compañeiros e compañeiras...



...e cantar todos xunt@s...



A PORTA VIOLETA DO CEIP TORRE ILLA LUCIU ASÍ!!


 E, marabillados pola nosa compañeira maior,
xunt@s repetimos a canción en LINGUA DE SIGNOS!!



" PERO DIBUJÉ,
UNA PUERTA VIOLETA EN LA PARED..."


Que os SORRISOS inunden o noso cole, 

a Arousa e o mundo enteiro!!




martes, 19 de novembro de 2019

Na radio do noso cole


O venres pasado, un grupo de nenas e nenas de 1º A estivemos en Radio Carcamán; pincha aquí e poderás escoitar o noso primeiro programa a través das ondas.




luns, 18 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Despois de agardar varios días a que escampara, por fin puidemos celebrar o magosto!!
Como manda a tradición...comemos castañas asadas, chourizos e tamén bailamos, xogamos e, por suposto, cantamos.

Aquí deixamos un pequeno resumo do ben que o pasamos....



luns, 11 de novembro de 2019

Comezamos a "colgar" novas!!

Ola, ola!!

Os pequechos e pequechas de primeiro comezamos unha nova aventura!!


 Nesta SINEIRA virtual colgaremos moitas das actividades 
que levamos a cabo na escola!!

Así, será unha maneira estupenda de que poidamos chegar dende o interior das catro paredes da nosa aula e do noso cole directamente ás vosas casas!!

Encantaranos compartir como APRENDEMOS XOGANDO ou XOGAMOS APRENDENDO e, por suposto, faranos moitísima ilusión contar cos vosos comentarios!!

Para comezar, deixámosvos unha mostra da nosa creatividade nos primeiros días de curso con este mural conxunto dos dous primeiros polo DÍA DO CLIMA!!

Súper concentrados...




 E tachánnnnnnn!! Esta marabilla compartimos con todos na entrada do cole!!


Porque nós queremos un mundo así, BONITO E COIDADO!! Axudádesnos?
Que facedes nas vosas casas para axudar a coidar o medio ambiente? Contádenos!

Os mestres e mestras do colexio tamén estamos moi preocupados por iso, como fixestes moitos de vós, o DÍA SEN COCHES unímonos a deixalos aparcados e chegar andando ao cole! E ata saímos na prensa!!!


Moitos sorrisos e un saudiño enorme!!