BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 18 de marzo de 2021

HOMO RESPONSABILUS NO PLANETA AROUSA

O pasado luns 15 de marzo, Día Mundial dos Dereitos das Consumidoras e Consumidores, estivemos falando da necesidade de ser responsables á hora de mercar e consumir. 

Este vídeo explícao moi ben.


Na nosa aula traballamos para ser RESPONSABILUS!!






TAREFA SEMANAL:
Trátase de continuar coa nosa labor de protexer o noso PLANETA AROUSA.
Pensade en BOAS ACCIÓNS PARA O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE e poñedeas en práctica; sacade fotos ou gravade vídeos (de menos de un minuto) e enviádeas por correo electrónico ao noso email (se facedes varias, agardade a telas todas para mandalas dunha vez).
Mandade as que queirades e tendes de prazo ATA A VOLTA DE VACACIÓNS 
(o martes 6 de abril).

_______________________________

Para rematar, aquí tendes o fermoso vídeo que vimos na aula e que tanto nos gustou, feito por un  mariñeiro que nos presenta os Tesouros do Mar.


E unhas fotos do traballo destes días sobre os ecosistemas e a importancia de conservalos e protexelos.

   


Boa fin de semana!!

venres, 12 de marzo de 2021

PLANETA AROUSA

 Ola de novo nenas e nenos e familias!!

Seguimos traballando no proxecto deste curso, "PLANETA AROUSA", para coñecer mellor a nosa localidade e a nosa contorna e saber como podemos contribuír a conservala e protexela. 

Así que desta volta, a  TAREFA SEMANAL é especial e vai precisar imaxinación e creatividade: 

imos crear...

 A MASCOTA DO CAMIÑO ESCOLAR!!

Para fomentar os desprazamentos a pé ao cole.



Aquí tendes a información sobre o traballo que tendes que facer para participar no concurso.


E aquí tendes unha foto da plantilla que hoxe levades para casa e onde hai que facer o debuxo da vosa mascota. 

Importante: Non esquezades cubrir todos dos datos na parte de atrás.


Nesta ocasión non é preciso subila á Aula Virtual e tendes de prazo ata o vindeiro xoves 18, pero podedes traela á escola en canto a teñades terminada.

E ademais, esta tarefa ten unha SEGUNDA PARTE:

Estamos na Semana da Prensa e estivemos lendo xornais, onde de cando en vez vemos noticias relacionadas cos problemas do medio ambiente e tamén sobre iniciativas e ideas para solucionalos.

- Buscade esas noticias, escollede unha (ou varias se queredes) e traédea á aula durante a vindeira semana: poden ser noticias que aparezan en xornais, en revistas, na televisión, na radio,... Podedes traer o xornal, a revista, a noticia recortada ou anotada nun folio. 

_____________________________________

Entre outros temas, en matemáticas estamos a traballar e repasar as horas. Aproveito para deixarvos un vídeo explicativo e un par de xogos para seguir practicando.


(preme nas imaxes)




venres, 5 de marzo de 2021

 Ola nenas e nenos!

Estivemos falando estes días de problemas graves como a deforestación, que poñen en perigo o noso planeta e a todos os seres vivos. 


Pois claro que cada unha e cada un de nós podemos facer algo!!


Diseñamos pancartas para concienciar do necesario que é parar a contaminación, como fixo Greta para salvar o bosque onde vivía.

E agora imos dar un paso máis!
coa nosa TAREFA SEMANALimos plantar!!

1º) Precisamos unhas sementes (serven unhas lentellas, fabas,...) e un recipiente transparente para facer o seguimento de como vai medrando o novo ser vivo.
2º) Podedes seguir estes pasos: (ou plantar nunha maceta con terra, na horta, no xardín,...)
3º) Cando a plantiña vaia medrando, sacádelle unha foto e subídea á AULA VIRTUAL.
4º) O vindeiro 21 de marzo, Día da Árbore, sacádelle outra e subídea tamén; veremos na aula como foi cambiando.
5º) E para rematar a tarefa, estaría moi ben que sigades coidando a nova planta e mesmo que a transplantedes, para que siga medrando e forme parte deses seres vivos marabillosos e tan necesarios para nós.
E seguir observando e facendo un rexistro diario: que partes saen antes, que tipo de planta é,... (iremólo comentando na aula).

__________________________

Aproveito para deixarvos aquí unha divertida canción sobre as plantas e un vídeo para repasar as características dos seres vivos e as diferencias cos inertes.




mércores, 3 de marzo de 2021

 Esta semana recibimos nova carta da Gotiña da Arousa


Que nos mandou como agasallo un libro onde coñecimos a historia dunha nena valente, chamada Greta,  que conseguíu recuperar o bosque onde vivía e que estaba amenazado polos xigantes; cando chegaron cortaron árbores para facer casas, e logo cortaron máis para facer casas aínda máis grandes..... e construíron, e construíron e apenas quedaba bosque. Pero Greta tivo unha idea...
Así que nós decidimos unirnos á súa reivindicación. Primeiro debatimos e compartimos ideas.




Despois puxémonos mans á obra!!





Nós tamén queremos parar a deforestación, que é un dos grandes problemas ecolóxicos que sufrimos, e a contaminación, que trae graves consecuencias como o cambio climático.