BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 12 de decembro de 2022

COMO PREPARAR UNHA EXPOSICION ORAL

 Aquí tendes uns consellos que poden axudarvos a preparar a exposición oral  sobre o libro que escollestes para ler este trimestre.



luns, 28 de novembro de 2022

25N, DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 Preme na imaxe para ver o vídeo coa actividade que fixemos no colexio para expresar o noso enérxico rexeitamento cara a violencia exercida contra as mulleres.


mércores, 16 de novembro de 2022

SUJETO Y PREDICADO

 PREME  NAS IMAXES PARA FACER OS EXERCICIOS.






AMADRIÑAMENTO LITERARIO

 Comezamos un proxecto ilusionante coas compañeiras e compañeiros de 1ºA: 

imos ser as súas madriñas e padriños de lectura.
Compartiremos aventuras na biblioteca do cole e acompañarémonos mutuamente mergullándonos nos infinitos mundos que podemos coñecer nos libros.
(preme na imaxe para ir ao blog da biblioteca e ver as imaxes do día da presentación)



"ALBUM ILUSTRADO": O DÍA DE PEDIR









 

luns, 7 de novembro de 2022

TEMPO DE MISTERIO E TRADICIÓN: O SAMAÍN

 Comezamos a celebración do Samaín degustando unhas deliciosas 

 MERENDAS TERRORÍFICAS!!


E SEGUIMOS CUN PASEO POLOS CORREDORES CHEOS DE CAVEIRAS TENEBROSAS E DECORACIÓN DE MEEEEDO!



(Na páxina web do colexio, podedes ver o vídeo coas caveiras dos corredores dos demais niveis)

xoves, 27 de outubro de 2022

 De aquí en diante, tendes varias entradas con actividades online para repasar parte do que levamos traballado na aula.

Lembrade: premede nas imaxes para acceder ás actividades e cando rematedes comprobade as respostas.

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS E MULTIPLICACIÓNS

 Concéntrate uns minutiños para practicar a descomposición de números e rapasar as táboas de multiplicar.




A ver se eres quen de cubrir todos os ocos sen consultar as táboas!!




Coidado coas levadas!!

SOCIAIS E NATURAIS

 Imos agora repasar os tipos de mapas que coñecemos e algunhas das características que usamos para clasificar os animais.






PALABRAS AGUDAS, GRAVES (LLANAS) Y ESDRÚJULAS

Exercicos para recoñecer os tipos de palabras segundo cal sexa a sílaba tónica (a sílaba "forte").










 

COMPRENSIÓN LECTORA

Le con atención para logo contestar as preguntas. 


 

martes, 8 de marzo de 2022

8 de Marzo


Preme na imaxe e accederás á páxina do noso colexio onde poderás ver os vídeos que elaboraron as compañeiras e compañeiras de 4º, nos que falan de mulleres que destacan na historia polo seu traballo.



luns, 7 de marzo de 2022

DIXESTIÓN, RESPIRACIÓN, CIRCULACIÓN E EXCRECIÓN

 COMO FUNCIONA O NOSO CORPO?

Inés, Julia, Pepe e Sergio explícannos como funciona o aparello dixestivo.


Celtia, Daniela, Dylan e Ian fálannos do aparello respiratorio.


Eva, Iago, Martín e Xandre cóntannos que é o aparello circulatorio.


Alberto, André, Mariña e Lucía preséntanos ao aparello excretor.


mércores, 23 de febreiro de 2022

 Día de Rosalía







                

       

A partir de hoxe, temos no noso colexio un lugar especial:
o Recuncho de Rosalía