BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 25 de xuño de 2021

FIN DE CURSO: INAUGURAMOS MUSEO E FESTA

Comezamos este curso celebrando o 35 Aniversario da Ponte da Arousa e rematamos coa inauguración do noso MUSEO SUPERILLA.

Expoñemos unha mostra pequeniña dos proxectos e traballos que fixemos: historias da Ponte, aves da nosa contorna, curiosidades e anécdotas arredor dos cons, as nosas expresións,...

Convidámosvos a unha visita virtual:

E como broche final de curso, convertimos a nosa aula nunha FEEEEEEEESTA!!


luns, 14 de xuño de 2021

XOGOS E ECLIPSE SOLAR NA PRAIA DE GRADÍN

O xoves camiñamos dende o colexio ata a Praia de Gradín para pasar outra divertida xornada de xogos.

Desta vez con sorpresa incluída, xa que ese día sucedeu algo no ceo moi pouco frecuente e que poucas veces podemos observar: 

 un eclipse solar!


Aquí tendes o vídeo que nos manda o profe Toño, coas imaxes dese día para lembrar.



O alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria encargáronse de facer este vídeo para conmemorar o Día do Medio Ambiente, o pasado 5 de xuño. Saíron á praia para facer unha limpeza e mostrarnos palabras relacionadas co coidado do noso planeta.




mércores, 9 de xuño de 2021

EUROS E CÉNTIMOS

 Xogos e exercicios para practicar con euros e céntimos. 








Sumamos céntimos. 




Canto me sobra? 


Suma euros e céntimos e resolve o crebacabezas.




MÁQUINAS E ENERXÍA

 Imos lembrar parte do que aprendimos esta semana sobre as máquinas.


Aquí tendes algúns exercicios para practicar e seguir aprendendo sobre os tipos de máquinas e os tipos de enerxía necesaria para que funcionen.



Tamén unha sopa de letras sobre unha das máquinas que temos na nosa aula.



xoves, 3 de xuño de 2021

ANDAINA CO PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA


Onte fixemos a saída desta semana pola nosa marabillosa contorna, desta volta organizada polo profe Toño.
Aquí podedes ver o recorrido que fixemos.


Logo da camiñata, toca compartir divertidos xogos na praia e merenda.


Un día estupendo!!!



 

VIDEOCONFERENCIA: COMO SE FAN AS PONTES? (E MÁIS CURIOSIDADES)

 O pasado venres tivemos o privilexio de contar na nosa aula, de xeito virtual, con Manuel Domínguez, enxeñeiro de camiños, canais e portos, que nos contou un montón de cousas interesantes, e mesmo sorprendentes, sobre a historia e a construción das pontes.

Aprendimos un montón!!

Manuel falounos das pontes máis pequenas, das máis grandes e longas, das máis antigas e das máis novas. Tamén nos resolveu moitas dúbidas e respondeu a todas as preguntas que tiñamos sobre as pontes do mundo, e sobre a Ponte da Illa de Arousa, que estivo de 35º aniversario o pasado setembro.


Despois de tan amena charla, nós tamén quixemos probar a deseñar, crear e contruir pontes: