BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

mércores, 11 de xuño de 2025

VISITA E CHARLA DE CAMPIOAS E CAMPIÓN DE XADREZ

Onte recibimos no cole a Andrea Dorado, Paula Suárez e Lucas Abal, campioas e campión de xadrez.
O alumnado de 5º tivo a oportunidade de por a proba o seu dominio do xogo ante tales rivales.
Emocionante!!





No noso canal de YouTube, CARCAMÁN TV, podedes ver a charla-coloquio que nos ofreceron antes das partidas simultáneas.

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR

O pasado venres visitamos o Castelo de Soutomaior e a Lagoa de Castiñeiras.
A chuvia quixo acompañarnos e tocounos un día un pouco gris, pero non foi impedimento para pasalo en grande e disfrutar da saída!!
Lugares fermosos para visitar tamén en compañía da familia.


 

A MATERIA E AS SÚAS PROPIEDADES





Ordena axeitadamente as palabras para formar a oración correcta sobre a materia e as súas propiedades.

 Xogo de repaso. Concéntrate para conseguir a maior puntuación.