BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 11 de novembro de 2019

Comezamos a "colgar" novas!!

Ola, ola!!

Os pequechos e pequechas de primeiro comezamos unha nova aventura!!


 Nesta SINEIRA virtual colgaremos moitas das actividades 
que levamos a cabo na escola!!

Así, será unha maneira estupenda de que poidamos chegar dende o interior das catro paredes da nosa aula e do noso cole directamente ás vosas casas!!

Encantaranos compartir como APRENDEMOS XOGANDO ou XOGAMOS APRENDENDO e, por suposto, faranos moitísima ilusión contar cos vosos comentarios!!

Para comezar, deixámosvos unha mostra da nosa creatividade nos primeiros días de curso con este mural conxunto dos dous primeiros polo DÍA DO CLIMA!!

Súper concentrados...




 E tachánnnnnnn!! Esta marabilla compartimos con todos na entrada do cole!!


Porque nós queremos un mundo así, BONITO E COIDADO!! Axudádesnos?
Que facedes nas vosas casas para axudar a coidar o medio ambiente? Contádenos!

Os mestres e mestras do colexio tamén estamos moi preocupados por iso, como fixestes moitos de vós, o DÍA SEN COCHES unímonos a deixalos aparcados e chegar andando ao cole! E ata saímos na prensa!!!


Moitos sorrisos e un saudiño enorme!!


6 comentarios:

  1. O mural quedou chulísimo!!! Sodes uns artistas!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade que si que o son!!E, sobre todo, moi empàticos co noso medio ambiente e iso é mooooi importante!! Prontiño nova entrada!!Grazas polo teu comentario!:)

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Son uns artistas! Grazas polo comentario! (Intentade asinar para saber quen nos comenta!)
      Un saudiño.

      Eliminar
  3. Noraboa pola iniciativa e graciñas por compartir connosco o voso traballo e o d@s nos@s peques. Menuda obra de arte!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade que estas iniciativas son moi enriquecedoras! Alegrámonos de que poidades entrar dalgunha maneira nas nosas aulas e no cole! Grazas por participar e polas túas palabras! Un saudiño! :)

      Eliminar