Nestas datas...
chega un dos mellores xogos
do MUNDO MUNDIAL!!
O AMIGO INVISIBLE!!

Nel vivéncianse todo tipo de emocións,
valores e aprendizaxes moi moi importantes!!
A intriga e a curiosidade
por recibir cartas anónimas con pistas...



A ilusión pola espera do agasallo
e a responsabilidade de facelo
e traelo a tempo!!
Os nervios de...
quen será o meu amigo invisible?
O esforzo por conseguir que ao meu amigo
lle encante o meu agasallo!!
A creatividade e a vea artística
que desenvolvemos!!
Ser pezas importantes no coidado
do noso medio ambiente!!
Practicar a lectoescritura
en diferentes formatos!!
E, por suposto, a ilusión,
a felicidade e a AMIZADE!!
Ah! e as mestras tamén quixeron facer
de AMIGAS INVISIBLES de todos
pero... DESCUBRÍMOLAS!!

Todo un acerto o das manualidades para o amigo invisible, Daniela pasouno xenial facendo o regalo para alen e por suposto chegou a casa encantadísima co regalo que ela recibiu
ResponderEliminarMoitas grazas Silvia! A verdade que este xogo é dos que nunca fallan! Apréndense tantas cousas a través dos sentimentos, dos valores... e nas manualidades tamén se traballa de todo! E, o máis importante, os SORRISOS e o AGARIMO que se conseguen! Un completo! REPETIREMOS! Un saudiño e GRAZAS por seguirnos e comentarnos sempre!:)
Eliminar