Boas tardes nenas e nenos de 2ºA e benvidas e benvidos de novo ao voso blogue!
Este será un lugar para visitar coas vosas familias para que lle ensinedes algunhas das cousas que facemos na aula e para ver a tarefa semanal que teredes que facer na casa.
Subiremos actividades, vídeos, xogos... relacionados coas distintas materias e que nos servirán para reforzar o que estamos a aprender na aula. E tamén actividades e traballos para que poidades compartir con todas as persoas que vós queirades.
A primeira actividade está relacionada con ciencias sociais. Ao comezo deste curso cumpríronse 35 anos da inauguración da ponte que une a Illa de Arousa co continente e levamos semanas traballando sobre este feito histórico.
A TAREFA DESTA SEMANA, consistirá en facer unha pequena investigación sobre as pontes:
1º) Investigar e buscar nomes de pontes famosas no mundo.
2º) Investigar e buscar nomes de pontes en Galicia.
3º) Escoller unha de cada e facer un debuxo ou pegar unha foto nun folio (ou folla de libreta) e poñer ao lado de cada unha os seguintes datos:
- Nome da ponte
- Lugar onde se atopa
- Quen a construeu (se se sabe)
- Ano de construcción
Ningún comentario:
Publicar un comentario