BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

mércores, 23 de decembro de 2020

TAREFAS NO NADAL

XA CHEGOU O NADAL!

ESTAMOS DE VACACIÓNS!

E COMO IMOS ESTAR MOITO TEMPO NA CASA pROPÓÑOVOS DÚAS ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA.

LEMBRADES AS CARTAS DO ELFIÑO PEPIÑO?













COMO EL Di, A AROUSA TEN MAXIA!!

Ten encantos especiais, recunchos fermosos, anécdotas e vivencias únicas, persoas sorprendentes, historias fantásticas... 

Pois diso vai a primiera proposta: recompilade todas esas cousas que para vós e as vosas familias fan que a Arousa teña esa maxia.

Escribide sobre o que máis vos gusta, sobre o voso recuncho ou actividade favorita, a historia máis interesante do avó ou da avoa, contade por que preferides a Arousa a calquera outro lugar. E facédeo en formato libro, nun diario, en forma de conto, nun mural...; xa sabedes, liberdade, imaxinación e creatividade!!. 
(As compañeiras e compañeiros que están noutras localidades da Ría de Arousa, poden facelo sobre o lugar onde viven)

Vai ser moi interesante compartir todo iso na aula á volta!!

_  _   _   _  _____________________  _  _  _  _

Segunda tarefa: Para seguir coñecendo o que nos rodea e onde vivimos, a segunda proposta é que marquedes nun mapa o camiño que percorredes dende as vosas casas ata o colexio.
Engade os nomes das rúas por onde pasas, algún debuxo ou foto de algún lugar ou espazo que atopas no camiño. Debúxate, se fas o percorrido andando, ou o medio de transporte que utilizas.


O camiño á escola pode ser precioso e moi interesante!! Podemos atoparnos con paisaxes e imaxes fermosas, pero certo é que ás veces tamén tropezamos con outras desagradables e preocupantes.


Vós xa sabedes da importancia da reciclaxe e do tratamento axeitado dos resíduos, así que anímovos a que saquedes fotos se vos topades con lixo pola rúa, ou con desperfectos ou elementos rotos, e que fagades un mural ou collage con elas.


 Á volta analizaremos na aula como están as nosas rúas e o noso entorno (urbano e natural) e faremos un traballo para concienciar da necesidade de coidar e respectar os espazos comúns.

Apertas enoooormes e bicos a moreas!!
Felices Festas!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario