Onte foi un día dobremente especial: trasladamos a nosa aula á praia e contribuímos á conservación do noso entorno, eliminando o lixo que emporcalla e contamina "a nosa casa" debido á irresponsabilidade e ás malas prácticas.
Chegamos ao peirao de Cabodeiro e preparámonos para a xornada de limpeza en Sapeira.
Un montón de plásticos, envases, envoltorios, cabichas, cachos de rodas, cartóns, latas, redes, botellas de vidro e cristais, azulexos e ladrillos, cordas e restos de aparellos de pesca e de acuicultura,....
E rematamos coa sensación do traballo ben feito; coa tarefa por diante de concienciar a todas as persoas que coñecemos do importante que é
NON CONTAMINAR, NON ENSUCIAR, REDUCIR O LIXO QUE PRODUCIMOS E RECICLAR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario