BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 13 de maio de 2021

DÍA DAS LETRAS GALEGAS e TAREFA SEMANAL

 O vindeiro luns celebramos a gran festa das nosas letras, este ano adicado a 

Xela Arias Castaño.

Na aula xa comezamos a saber dela e seguiremos coñecéndoa durante a semana que vén.


Traballamos co poemario Darío a diario, que escribeu cando naceu o seu fillo, no que fala do paso do tempo; e precisamente diso vai a nova tarefa semanal, que será o punto de partida do seguinte proxecto que comezaremos na aula nos próximos días.

1º. Buscar unha FOTO ANTIGA onde saia algúen da familia nalgún lugar da Arousa (ou da localidade onde vivides).

2º. RECREAR esa foto coa nena ou neno como protagonista. É dicir, REPETIR A FOTO NO MESMO LUGAR e o máis similar posible, para poder ver o paso do tempo tanto no espazo físico como noutros aspectos como, por exemplo, a vestimenta.

3º. Escribir a "HISTORIA" da foto orixinal: cando foi feita, quen a fixo, porque se fixo, quen aparece nela, ... 

4º. Por último, facédelle unha foto á imaxe antiga e mandade as dúas (a antiga e a actual) a o noso correo (asineiradotorreilla@gmail.com)
A "historia" da foto antiga traédea á aula na carpeta "de ida e volta".
Data límite: o vindeiro xoves, 20 de maio.
______________     ______________

Aproveito para deixarvos unhas fotos do traballo destes días, investigando e descubrindo cousas sorprendentes sobre o mundo das rochas e minerais.
OBSERVAMOS E ANALIZAMOS

BUSCAMOS INFORMACIÓN


RECOMPILAMOS OS DATOS OBTIDOS

E creamos estruturas resistentes con figuras xeométricas, como se fai en arquitectura imitando a estrutura dos minerais máis duros.


Ningún comentario:

Publicar un comentario