Como ven sendo tradición no noso colexio, polo Samaín deseñamos as "Caixas dos medos" para facer que desaparezan. Coa axuda das nosas apadriñadas e apadriñados, repartímolas polas aulas para que cada quen deixe dentro o seu medo, que logo se irá para sempre queimándoo no lume do Magosto.
"Nun cachiño de papel escribe o teu medo,
méteo na caixa para que se esfume;
dirémoslle adeus para sempre
cando no Magosto o leve o lume."






Ningún comentario:
Publicar un comentario