LASKO É OPERARIO DUNHA EMPRESA DE EXPORTACIÓN DE OSTRAS; AMOSOUNOS UN VÍDEO SOBRE O SEU TRABALLO E EXPLICOUNOS COMO AS OSTRAS QUE RECOLLEN E EMBALAN EN CAIXAS, VIAXAN ATA LUGARES TAN LONXANOS COMO XAPÓN.
LORENA TRABALLA NUN LABORATORIO ONDE IDENTIFICAN OS "BICHIÑOS" (MACROINVERTEBRADOS) QUE AXUDAN A SABER SE A CALIDADE DA AUGA É BOA; SE ESTÁ LIMPA OU CONTAMINADA.
E A NOSA AULA CONVIRTEUSE NUN IMPROVISADO LABORATORIO; USANDO AS FERRAMENTAS AXEITADAS: GUANTES, PINZAS, LUPA E MICROSCOPIO, COÑECIMOS ANIMALIÑOS QUE NORMALMENTE NON PODEMOS VER TAN DE CERCA.
FASCINANTE!!!!
GUSTOUNOS COÑECER A ESTES NOVOS "AMIGUIÑOS", QUE AGORA DEBUXAMOS E REPRODUCIMOS EN PLASTILINA, PARA QUE DALGÚN XEITO QUEDEN NA NOSA AULA.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA VISITA
E POR TODO O QUE APRENDIMOS CON VÓS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario