BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

mércores, 19 de febreiro de 2020

Moitos profesionais nos siguen visitando!!

Fai uns diiñas tivemos
a visitiña da nai de Leire
que traballa nun...supermercado!!

Falounos de tooodos os profesionais
que traballan con ela e...
da importancia do traballo en equipo!!
Así que nós...
intentamos recollelos todos nun mural!!




Tamén falamos da importancia das matemáticas
á hora de comprar así que...
nos puxemos mans á obra!!















Introducímonos no manexo das moedas...


 

E despedímonos
cun gran e merecido agasallo!!


GRAZAS!!



A seguinte visita foi...da nai de Breo!!

Ela é FISIOTERAPEUTA!!


 

A súa profesión ten un nome

un pouco longo e traballa 

con moitos materiais diferentes...


  


Como mola a camilla "transformer"!! 

         


Pero o máis importante 

é que cura á xente!!
E sabedes??

Para isto ten que estudar moito, moitísimo!!

Sobre todo, os ósos e os músculos!!


   

Que alucinante ver tan de preto 

a nosa columna vertebral e o noso cerebro!!
E para rematar...

convertímonos en "fisios" e pacientes

por un ratiño cunha masaxe súper relaxante!!


            

Parece que as fotos falan por si soas,non?

Encantounos!!






Por suposto, unha vez máis,

un diploma máis que merecido!!

MOITAS GRAZAS!!


O proxecto das profesións vai rematando pero...

aínda quedan familias dispostas a visitarnos!! 

Cal será a seguinte?? 

Canto estamos aprendendo!! 

Grazas a todos e todas!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario