BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 27 de novembro de 2020

TAREFA SEMANAL: MENÚ SAUDABLE

Agora toca falar dos alimentos que o corpo precisa e que o aparato dixestivo transforma en nutrientes para fortalecer músculos e osos e para que o noso organismo goce de boa saúde.
Na aula clasificámolos nos 5 grupos que forman a roda da alimentación saudable.


E tamén os distribuimos nas cinco comidas do día.


TAREFA SEMANAL

Pois disto vai a tarefa que toca facer na casa coa familia: elaborar UN MENÚ SAUDABLE para tres días (como mínimo, se vos animades podedes facelo para toda unha semana).

1.- Facede unha plantilla semellante á que tendes a continuación nun folio grande, nunha cartulina, nun cartón...; ou usade calquera outro formato que vos guste.


2.- Escribide, con minúsculas e en galego, os nomes dos alimentos e comidas; podedes facer debuxos, utilizar fotos ou recortes de revistas para ilustrar.

3.- Lembrade que ha de ser un menú equilibrado e saudable, tendo en conta os alimentos que han de tomarse todos os días, 2-3 días na semana ou moi de cando en vez.


4.- Facédelle unha foto e enviadea a través da Aula Virtual antes do vindeiro 
venres día 4; pero traédeo tamén ao colexio para expoñelo. 

Atención!!!: revisade e comprobade que todo esté correcto antes de mandalo!
Agardamos ver eses fantásticos traballos!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario