BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 6 de novembro de 2020

O NOSO CORPO

 Estes días andamos a voltas co corpo. 

Repasade aquí os nomes das partes da cabeza, tronco e extremidades.



Esta canción tamén pode axudarvos.


Agora que xa coñecedes como se chaman as partes do noso corpo, a ver se sodes quen de atopar a solución destas adiviñas:


Cinco moniños nunha palma

cada un ten o seu nome.

Uns son escribanos 

e outros contadores.


É planta pero non ten raíz;

non ten flor pero ten cheiror

que molesta ó meu nariz.


É un monte pequeniño;

é un monte con dúas fontes

que manan se me arrefrío.


Lembrade as vosas respostas 

e comprobaremos na aula se estades no certo.


 E agora tócavos a vós!!


TAREFA SEMANAL: 

- Inventade unha adiviña, coa axuda da familia, sobre a parte do corpo que queirades.

- Aprendedea de memoria para poder recitala.

- Mamá, papá,... (ou outra persoa da familia) terá que gravarte co móbil ou coa tablet recitándoa, pero non digas a solución!

- Entrade na Aula Virtual do cole (podedes acceder dende o blog se premedes na imaxe do colexio que hai na marxe dereita) e subide o vídeo para que o podamos ver na aula. 


TENDES ATA O PRÓXIMO VENRES DÍA 13


ÁNIMO E IMAXINACIóN!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario