As nenas e nenos de segundo estivemos traballando esta semana sobre o necesario que é coidar o planeta e o entorno natural que temos máis preto, para acadar un mundo realmente en paz e sostible.
Por
iso presentamos este traballo que fixemos con todas as fotos que enviastes, para decir que temos que
CONSTRUIR
A PAZ COA NATUREZA!!
Imos agora a poñer a proba a vosa agudeza e atención para poder resolver as incógnitas que nos propón este xogo e poder chegar á solución final (se descubrides o código secreto, escribídeo nun papel para amosalo o luns na aula e recibir a recompensa)
Animádevos a facelo en familia.
(PREME NA IMAXE)
Deixo aquí un recompilatorio
dos vídeos que fumos vendo estas semanas sobre o ciclo da auga, as súas
características e os estados nos que se pode atopar, para que repasedes o que
estivemos traballando na aula.
O CICLO DA AUGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario