BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 4 de febreiro de 2021

SERES VIVOS E INERTES

Imos cunha nova tarefa semanal

Desta vez sobre os seres vivos e inertes

Pero antes propóñovos xogar un pouco e, de paso, lembrar as diferenzas entre uns e outros.

Nesta primeira actividade, só tendes que premer na resposta correcta. Se non é a axeitada, porase en vermello e ao final volverá a aparecer a pregunta para que poidades cambiar a resposta.

(preme na imaxe)


Nesta outra, primeiro escoitade o que nos conta o noso amigo Camaleón e logo completade o exercicio. 
Cando rematedes, premede en TERMINADO, e logo en comprobar mis respuestas para ver se acertastes todas.
(preme na imaxe)


 Aquí tendes que facer igual que na anterior: ver o vídeo, facer os exercicios, premer en TERMINADO e comprobar as respostas.

(preme na imaxe)


E agora que xa sodes expertas e expertos no tema, aquí vai a TAREFA SEMANAL, que desta vez ten dúas partes:
1.- a primeira é un RETO:  A ver se sodes quen de escribir un ser vivo e un obxecto ou elemento inerte que comezen con cada letra do abecedario
Ánimo!! A ver cantos conseguides!!!
Podedes facelo nunha plantilla semellante a esta:




2.- a segunda parte consiste en que fagades un debuxo ben bonito onde haxa 5 seres vivos e 5 inertes. 
Coma sempre, unha vez que teñades todo rematado, sácalle una foto e mandádea a través da AULA VIRTUAL; tendes de prazo ata o próximo xoves.

Importante: Comprobade que se lea e se vexa ben, e non esquezades escribir con letra clara (en minúscula) e colorear con coidado.  




Ningún comentario:

Publicar un comentario