O vindeiro mércores, día 24 de febreiro, lembramos o día en que naceu a nosa escritora máis coñecida, Rosalía de Castro. Os seus poemas traducíronse a multitude de idiomas e lense en todo o mundo!
Sabídades que ata hai unha estrela co seu nome?
Uxía Senlle dedícalle esta bonita canción.
Estivemos investigando sobre ela estes días e limos poemas seus.
Algúns son moi, moi coñecidos, como este que comeza así
Escoitade esta versión musicada que fixo o grupo Astarot.
Pois xustamente sobre a nosa querida Rosalía vai a TAREFA SEMANAL. Tedes 2 opcións:
- Escoller un poema dos que hoxe levades para a casa (ou outro de Rosalía que vos guste) e ilustralo con debuxos, nun folio ou nunha cartulina.
- Ou, se o preferides, facer un mural co que sabedes sobre Rosalía.
Coma sempre, cando teñades o traballo rematado, sacádelle foto e mandádea a través da AULA VIRTUAL. Pero desta volta, traédeo tamén ao cole para facer unha exposición. Tendes de prazo xustamente ata o mércores 24, Día de Rosalía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario