Esta semana recibimos nova carta da Gotiña da Arousa
Que nos mandou como agasallo un libro onde coñecimos a historia dunha nena valente, chamada Greta, que conseguíu recuperar o bosque onde vivía e que estaba amenazado polos xigantes; cando chegaron cortaron árbores para facer casas, e logo cortaron máis para facer casas aínda máis grandes..... e construíron, e construíron e apenas quedaba bosque. Pero Greta tivo unha idea...
Así que nós decidimos unirnos á súa reivindicación. Primeiro debatimos e compartimos ideas.
Nós tamén queremos parar a deforestación, que é un dos grandes problemas ecolóxicos que sufrimos, e a contaminación, que trae graves consecuencias como o cambio climático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario