O pasado luns 15 de marzo, Día Mundial dos Dereitos das Consumidoras e Consumidores, estivemos falando da necesidade de ser responsables á hora de mercar e consumir.
Este vídeo explícao moi ben.
Na nosa aula traballamos para ser RESPONSABILUS!!
TAREFA SEMANAL:
Trátase de continuar coa nosa labor de protexer o noso PLANETA AROUSA.
Pensade en BOAS ACCIÓNS PARA O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE e poñedeas en práctica; sacade fotos ou gravade vídeos (de menos de un minuto) e enviádeas por correo electrónico ao noso email (se facedes varias, agardade a telas todas para mandalas dunha vez).
Mandade as que queirades e tendes de prazo ATA A VOLTA DE VACACIÓNS
(o martes 6 de abril).
_______________________________
Para rematar, aquí tendes o fermoso vídeo que vimos na aula e que tanto nos gustou, feito por un mariñeiro que nos presenta os Tesouros do Mar.
E unhas fotos do traballo destes días sobre os ecosistemas e a importancia de conservalos e protexelos.
Boa fin de semana!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario