BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 23 de abril de 2021

MEDIDAS DE CAPACIDADE E PESO

 Esta semana estamos traballando coas medidas de capacidade: o litro, o medio litro e o cuarto de litro.


Aquí vai un recordatorio:



E agora uns xogos para practicar.
(preme nas imaxes)



E para calcular o peso das cousas usamos o Kilo, o medio Kilo e o cuarto de Kilo.



A practicar!!

(premede nas imaxes)






_____________________________________

Hoxe é o DÍA DO LIBRO!!

Premede na imaxe de Libria para visitar o blog da nosa biblioteca, que nos propón uns divertidos xogos.


xoves, 22 de abril de 2021

SACAMOS O LIXO DAS NOSAS PRAIAS

 Onte foi un día dobremente especial: trasladamos a nosa aula á praia e contribuímos á conservación do noso entorno, eliminando o lixo que  emporcalla e contamina "a nosa casa" debido á irresponsabilidade e ás malas prácticas.

Chegamos ao peirao de Cabodeiro e preparámonos para a xornada de limpeza en Sapeira.


Primeiro escoitamos as indicacións da monitora que nos acompaña e poñémonos mans á obra!!





Sorpréndenos a cantidade e a variedade que atopamos.




Un montón de plásticos, envases, envoltorios, cabichas, cachos de rodas, cartóns, latas, redes, botellas de vidro e cristais, azulexos e ladrillos, cordas e restos de aparellos de pesca e de acuicultura,....




E rematamos coa sensación do traballo ben feito; coa tarefa por diante de concienciar a todas as persoas que coñecemos do importante que é 
NON CONTAMINAR, NON ENSUCIAR, REDUCIR O LIXO QUE PRODUCIMOS E RECICLAR.

venres, 16 de abril de 2021

BOAS ACCIÓNS PARA COIDAR O "PLANETA AROUSA"

Como parte dos seres humanos que son "responsabilus", as nenas e nenos de 2ºA deixan aquí algunhas ideas para coidar o noso entorno; para ter unha boa calidade de vida e mesmo para garantir a nosa propia supervivencia.



E seguindo nesta liña, aquí vai esta proposta que nos chega da nosas compañeiras e compañeiros de 4º.
Dentro do Plan Proxecta, están traballando na modalidade NaturézaT e fixeron este vídeo para pedirnos colaboración aportando diferentes materiais.


Animádevos a participar!!!



Na nosa aula continuamos coa investigación sobre as aves da Arousa.






                                        







-----------------------------------------
Tamén dende 4º, propóñennos a seguinte actividade para celebrar o Día do Libro (23 de abril) : 
Escoller un libro e grabar un vídeo amosándoo, lendo o título e o nome do autor ou autora e lendo a primeira liña. 
Os vídeos hai que mandalos a correofamilias3B@gmail.com, ata o vindeiro mércores día 21.
Aquí van dous exemplos:

          

          
______________________

REVISTA CARCAMÁN: Como cada ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, pídennos colaboración para elexir a portada do vindeiro número da Revista Carcamán.

As nenas e nenos que queiran participar deben traer o seu deseño nun folio (en sentido vertical); o tema central é a autora homenaxeada este ano, Xela Arias, ou calquera elemento representativo do noso colexio ou da Illa de Arousa. Lembrade que debe figurar: Revista Carcamán 2021 e CEIP Torre Illa.
A data límite de entrega é o vindeiro 30 de abril.

Aquí tendes como exemplo a portada do ano 2019:




xoves, 8 de abril de 2021

IMOS DE EXCURSIÓN!!

 Que marabilloso poder saír e aprender de todo o que nos rodea!!

O pasado venres 26, como fin do segundo trimestre, fixemos a tan esperada primeira saída deste curso.

Dende o cole ata a praia: pasando por Lagartiño, Punta Furado e Cabodeiro.


Camiñamos, observamos e ata facemos arte co permiso da natureza.

Merendamos, xogamos, compartimos aprendizaxes 

e mesmo rexistramos os primeiros datos para a nosa investigación sobre as aves da Arousa.


xoves, 18 de marzo de 2021

HOMO RESPONSABILUS NO PLANETA AROUSA

O pasado luns 15 de marzo, Día Mundial dos Dereitos das Consumidoras e Consumidores, estivemos falando da necesidade de ser responsables á hora de mercar e consumir. 

Este vídeo explícao moi ben.


Na nosa aula traballamos para ser RESPONSABILUS!!






TAREFA SEMANAL:
Trátase de continuar coa nosa labor de protexer o noso PLANETA AROUSA.
Pensade en BOAS ACCIÓNS PARA O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE e poñedeas en práctica; sacade fotos ou gravade vídeos (de menos de un minuto) e enviádeas por correo electrónico ao noso email (se facedes varias, agardade a telas todas para mandalas dunha vez).
Mandade as que queirades e tendes de prazo ATA A VOLTA DE VACACIÓNS 
(o martes 6 de abril).

_______________________________

Para rematar, aquí tendes o fermoso vídeo que vimos na aula e que tanto nos gustou, feito por un  mariñeiro que nos presenta os Tesouros do Mar.


E unhas fotos do traballo destes días sobre os ecosistemas e a importancia de conservalos e protexelos.

   


Boa fin de semana!!

venres, 12 de marzo de 2021

PLANETA AROUSA

 Ola de novo nenas e nenos e familias!!

Seguimos traballando no proxecto deste curso, "PLANETA AROUSA", para coñecer mellor a nosa localidade e a nosa contorna e saber como podemos contribuír a conservala e protexela. 

Así que desta volta, a  TAREFA SEMANAL é especial e vai precisar imaxinación e creatividade: 

imos crear...

 A MASCOTA DO CAMIÑO ESCOLAR!!

Para fomentar os desprazamentos a pé ao cole.



Aquí tendes a información sobre o traballo que tendes que facer para participar no concurso.


E aquí tendes unha foto da plantilla que hoxe levades para casa e onde hai que facer o debuxo da vosa mascota. 

Importante: Non esquezades cubrir todos dos datos na parte de atrás.


Nesta ocasión non é preciso subila á Aula Virtual e tendes de prazo ata o vindeiro xoves 18, pero podedes traela á escola en canto a teñades terminada.

E ademais, esta tarefa ten unha SEGUNDA PARTE:

Estamos na Semana da Prensa e estivemos lendo xornais, onde de cando en vez vemos noticias relacionadas cos problemas do medio ambiente e tamén sobre iniciativas e ideas para solucionalos.

- Buscade esas noticias, escollede unha (ou varias se queredes) e traédea á aula durante a vindeira semana: poden ser noticias que aparezan en xornais, en revistas, na televisión, na radio,... Podedes traer o xornal, a revista, a noticia recortada ou anotada nun folio. 

_____________________________________

Entre outros temas, en matemáticas estamos a traballar e repasar as horas. Aproveito para deixarvos un vídeo explicativo e un par de xogos para seguir practicando.


(preme nas imaxes)




venres, 5 de marzo de 2021

 Ola nenas e nenos!

Estivemos falando estes días de problemas graves como a deforestación, que poñen en perigo o noso planeta e a todos os seres vivos. 


Pois claro que cada unha e cada un de nós podemos facer algo!!


Diseñamos pancartas para concienciar do necesario que é parar a contaminación, como fixo Greta para salvar o bosque onde vivía.

E agora imos dar un paso máis!
coa nosa TAREFA SEMANALimos plantar!!

1º) Precisamos unhas sementes (serven unhas lentellas, fabas,...) e un recipiente transparente para facer o seguimento de como vai medrando o novo ser vivo.
2º) Podedes seguir estes pasos: (ou plantar nunha maceta con terra, na horta, no xardín,...)
3º) Cando a plantiña vaia medrando, sacádelle unha foto e subídea á AULA VIRTUAL.
4º) O vindeiro 21 de marzo, Día da Árbore, sacádelle outra e subídea tamén; veremos na aula como foi cambiando.
5º) E para rematar a tarefa, estaría moi ben que sigades coidando a nova planta e mesmo que a transplantedes, para que siga medrando e forme parte deses seres vivos marabillosos e tan necesarios para nós.
E seguir observando e facendo un rexistro diario: que partes saen antes, que tipo de planta é,... (iremólo comentando na aula).

__________________________

Aproveito para deixarvos aquí unha divertida canción sobre as plantas e un vídeo para repasar as características dos seres vivos e as diferencias cos inertes.