BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 28 de maio de 2020

AVISO MOI IMPORTANTE!!

BOA TARDE FAMILIAS!


Puxémonos en contacto con vós por correo electrónico porque nas últimas instrucións da Consellería indícannos que podemos proceder a repartir o material do alumnado seguindo as indicacións oportunas.
Para iso, organizamos o reparto de cada aula en quendas:

As aulas de 1º terán que vir a recollelo o LUNS DÍA 1 DE XUÑO nas horas sinaladas no CADRO ENVIADO POR EMAIL.


IMPORTANTE

Ø Só poderá acudir ao centro 1 persoa (sempre con mascarilla).

Ø Sería bo traer unha bolsa resistente (ou mochila) con capacidade para levar o material, entre o que se atopa o coxín e os xogos (lembrade que algúns tendes as maquetas das vivendas e os traballos do azucre).

Ø Entrarase e sairase pola porta do patio.

Ø Dirixirémonos directamente á aula da nosa filla ou fillo (cando nolo indiquen) sen poder acceder ao resto do colexio.

Ø Recolleremos o material da mesa da nosa filla ou do noso fillo. Non podemos aproveitar ese tempo para facer titorías. Trátase de reducir ao máximo o tempo de contacto con outras persoas e de realizar a entrega de material coa maior celeridade posible.

Ø As persoas que non poidan vir na hora sinalada e queiran que outra nai ou pai da nosa clase leve o seu material, deberán avisar con anterioridade.

Ø Prégase máxima puntualidade.


MOCHILA VIAXEIRA E LIBROS DA BIBLIOTECA
Aquelas familias que teñades na casa a mochila viaxeira e/ou libros da biblioteca, lembrade traelos; haberá dúas bolsas na entrada do colexio para depositalos.

PRECISAMOS QUE CONTESTEDES AO EMAIL ENVIADO CON ESTA INFORMACIÓN, PARA TER A SEGURIDADE DE QUE A RECIBIDES.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


Ningún comentario:

Publicar un comentario