BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

domingo, 17 de maio de 2020

Semaniña de DECENAS!!

Como sodes uns expert@s 

en DECENAS esta semana
adicarémola a elas!

Comezamos lendo este CONTO

tan primaveral chamado FABIOLA!!


Agora atrevédesvos cuns SUPERRETOS?


E agora que xa podemos saír a PASEAR
CON MOITO COIDADIÑO...
POR QUE NON BUSCADES 
DECENAS NA NATUREZA?
Mirade as das mestras...
Hai UNHA DECENA en todas
menos nunha, sabedes en cal?
Na 1ª,2ª,3ª,4ª,5ª ou 6ª?
E cantas hai?
Poñédeo nos comentarios!!

    

  

E seguimos...cunha DECENA de 
NÚMEROS ORDINAIS!! Recordades?

El carretillu: Los números ordinales

Pois comecemos por facer un 
MURAL ben bonito con eles 
en CASTELÁN e en minúsculas!!
Debes poñer os ordinais con número
(recorda que levan ao lado!!)

con letra e un debuxiño!
O IMPORTANTE é que vaian
en ORDE!! Que para iso serven!!
UNS EXEMPLOS!!

LA CLASE DE MIREN: mis experiencias en el aula: JUEGOS DE ASAMBLEA ...  

Los NÚMEROS ORDINALES ▷ Cómo se escriben y se usan 


E seguimos con DOUS RETOS!!
Animádesvos??

 


E PARA REMATAR UN AVISO...

O mércores traballaremos co 
"TABOLEIRO DO 100",
así que aínda estades a tempo
de facelo!! 


Visitade a entrada aquí para 
recordar como podiamos facelo!!


DECENAS DE APERTAS PRIMAVERAIS!!

10 comentarios:

  1. Profe non hai unha decena na foto 4°. Un biko Gael.

    ResponderEliminar
  2. Bos días. Na cuarta foto hai mais de unha decena. Mariña

    ResponderEliminar
  3. Buenos días:
    En la 4ª foto no hay una decena,hay más.
    Un beso. Luca.

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Hola
    Na 2° foto hay 1 decena e 1 unidad que casi non se ve e na 4° foto hay 2 decenas. Leo

    ResponderEliminar
  6. Ola son Breogán. Eu contei una decena en todas as fotos menos na cuarta que contei dúas.Chao.

    ResponderEliminar
  7. Ola!Eu contei 2 decenas na 4°foto,20 unidades. Pablo.

    ResponderEliminar
  8. Ola, ola a tod@s!! Pero que bos observadores sodes!! Correctísimo!! Reto superado!! Hai DÚAS DECENAS=20 UNIDADES na CUARTA foto!! Noraboa!! E toda a razón Leo, na SEGUNDA foto vese un pouquiño unha unidade máis, pero é que non estaban ben colocadiños e era moi complicado!jiji! Pero beeeeen observado!! Eeeestupendo!! E máis estupendo aínda que vos animedes a escribir comentarios! Xa ides controlando o ordenador? Sería xenial! Unha aperta enooooooorme!!As mestras! :)

    ResponderEliminar
  9. Na cuarta foto ai duas decenas. Clara

    ResponderEliminar