BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

martes, 19 de maio de 2020

Sumamos unha decena máis!!

Mañán cúmprense 70 días!!

Xa estamos na 7ª decena!

Así que hoxe imos comezar coloreando de vermello esa decena no noso taboleiro numérico.
Logo as decenas anteriores:60, 50, 40, 30, 20 e 10.




Sumando e sumando decenas, xa estamos pretiño do número 100; así que non gardedes o voso taboleiro, porque agora imos a traballar con él;
imos usalo para facer os SUPERRETOS de hoxe.



Seguimos: que número está escondido detrás de cada debuxo?


Lembrades as CASIÑAS DAS DECENAS?

Facede as vosas propias casiñas das decenas, e compoñede un vistoso mural.

Aquí deixamos algúns exemplos; pero xa sabedes: botádelle imaxinación!!
E mandádenos foto.


E para rematar, lembrade que 
seguimos construíndo torres
podedes facer de 7 decenas ou máis.

Aquí van as que foron chegando estes días.

Dani xuntou 6 decenas de rotuladores!

Gael amósanos a súa colección!

Ylenia xuntou unha boa variedade!


Tamén che son moi variadas as de Alén!

E mesmo hai quen xa se atreveu con
 10 decenas!!





Antes de despedirnos por hoxe, facemos un RECORDATORIO:  o venres publicaremos os vídeos de ánimo ás compañeiras e compañeiros. 
Se aínda non o fixeches, 

AÍNDA ESTÁS A TEMPO DE MANDAR O TEU!!

Ata mañán!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario