BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

martes, 28 de abril de 2020

Decenas e decenas de animais!!

Bo día!!
Hoxe imos seguir a voltas 
coas matemáticas;
comezamos vendo este vídeo, 
PEIXIÑOS DO MAR de MAGÍN BLANCO.

Seredes quen de ver cantas 
DECENAS de peixes se nomean??
(A PARTIR DO MINUTO 2.13)
Atención! Vai moi rápido!
Igual tes que ir parándoo...


Seguindo coas decenas...
lembrades a MEGA RAIOS DE SOL 
E NOVA RAIOS DE SOL?
pois mirade, propóñenvos uns 
RETOS MATEMÁTICOS:



E mándannos un saúdo!!



Para axudarnos a contar decenas
a saber a orde dos números, 
a sumar e restar... imos facer un 
TABOLEIRO NUMÉRICO!!





Se facedes nun folio unha cuadrícula (pedide axuda a alguén da familia), podedes escribir os números directamente: en cada fila unha decena.



Tamén podedes cortar un folio en tiras; en cada tira escribir unha decena e logo pegalas en orde.



Ou mesmo escribir os números en cadradiños e logo ordenalos. Lembrade: en cada fila unha decena.


Así xa xuntamos dunha vez... 
10 decenas!

e chegamos ao número 100!!

Cando teñades feito o taboleiro, 
gardádeo
porque usarémolo máis adiante.

Para terminar por hoxe, 
deixamos aquí un enlace 
con XOGOS DE ANIMAIS!!

http://www.pekegifs.com/juegoseducativos/juego-memoria-animales.html

E un vídeo para lembrar o importante 
que é lavar as mans, e como facelo, 
sobre todo agora que xa podemos 
saír unha horiña fora da casa.

"Canción dos dedos para lavar as mans"
de Migallas.



Ata pronto matemátic@sssss!!

12 comentarios:

  1. Bo día, son Pablo. No video dos Peixiños eu contei 3 decenas.
    Apertas para todos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Pablo!! Que rápido foches porque van a toda velocidade!! A ver se algún compi máis se anima pero creo que...vas moi, moi ben encamiñado!! Apertas! A profe Alicia :)

      Eliminar
  2. Boas tardes son Daniela Vázquez, na canción eu conto 3 decenas de animáis. Chao muack muack

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Daniela! Coincides con PAblo!! E creo que estades moooooooi acertados!! A ver que máis solucións nos dan!! Sodes mooooi rápidos!! Apertas! A profe Alicia :)

      Eliminar
  3. Ola son sergio,eu na cancion tamen conto 3 decenas de animais .Un abrazo vemonos pronto

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Sergio!! Xenial!!! Vexo que puxeches atención, e iso que os peixiños pasan rápido; moi, mooooo ben!!
      Apertas!!
      A profe Mila.

      Eliminar
  4. Ola Alicia,son Breogán. Eu contei 30 peixes , enton son 3 decenas. Bicos chao.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Breo!! Estades a tope e todos coincidides!! Estades no certo!! Noraboa!! A profe Alicia :)

      Eliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. Hola son clara. Eu tamen contin 30 peixes. duas veces. Asi q son 6 decenas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Clara!! É verdade que repite os mesmos peixes dúas veces, e son 30 de cada vez, os mesmos, pero se os contas tooooooodos correcto! 6 decenas!! Madre mía! Que nivel collemos!! Noraboa! A profe Alicia :)

      Eliminar
  7. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar