BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

sábado, 13 de xuño de 2020

Preparación para a FESTA FINAL DE CURSO!! :)

E VAI CHEGANDO 
O FINAL!!

Estamos ás portas da
última semana deste curso
tan diferente!!

E como imos a despedilo??

Pois cunha 
GRAN FESTA!!
A FESTA DO 100!!
POR QUE SABEDES??
O venres 19 remata o curso
e cúmprense 99 días!!
Así que festexaremos o DÍA 100!!
O primeiro día de VACACIÓNS!!
COMPLETAMOS OS TABOLEIROS!!
Animádesvos?
Instrucións para
a preparación!!

* Debedes facer un MURAL 
E/OU ATUENDO co número 100!!
Precisamos a máxima imaxinación!!






* E tamén unhas PALABRIÑAS 
DE DESPEDIDA (do curso, 
dos compis, de tod@s os mestr@s...).
Coma sempre, no formato 
que queirades pero ben bonitas!!

FINALMENTE, FACEDE UNHA
FOTO FESTEIRA NA QUE SAIADES
COS VOSOS TRABALLIÑOS PARA
MONTAR A FESTA FINAL!!
(Que se lean ben as palabriñas!)


AHHHHH!!
E ao mellor
temos FESTA DOBRE!!
POR QUE? PORQUE IMOS
CAMIÑO DAS 20.000 VISITAS 
NO BLOG!! Grazas e mil grazas!!

E de agasallo...
UNS CONTIÑOS!!

"Una casa de 100 pisos"


"100 pisos bajo el mar"


Estes 2 contos espéranvos
no cole para 2º!! :)

"¡Te lo he dicho 100 veces!"
Que será iso que os vosos pais
vos dixeron 100 veces? 
SABÉDELO?? Lede, lede!!



Debemos facerlle caso a todo
o que nos din as nosas familias
e mestr@s!! Sobre todo agora, 
para que este virus remate de irse!!

Pero o que máis nos din...
o máis importante ao final...
É TODO O QUE
NOS QUEREN!!
E VÓS? DICÍDESLLO A EL@S??
Probade a facelo todos os días 
e veredes que SORRISO sae
nas súas cariñas!!

E PARA DESPEDIR...
en teatro!!



A SEMANA QUE VEN ESTARÁ CHEA DE SORPRESAS TODOS OS DÍAS!!

Non deixedes de visitarnos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario