BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 8 de xuño de 2020

QUE PASA NO CEO?


Pero non sempre está así, verdade?



No ceo pasan moitas cousas....
son os FENÓMENOS ATMOSFÉRICOS!
A actividade que propoñemos para esta semana
 é que fagades un rexistro do tempo cada día.
Aquí vos deixamos uns exemplos:

Podedes usar símbolos coma estes:



Para completar este traballo, 
propoñemos facer o 
MAPA DO TEMPO NA AROUSA.


Podedes facelo sobre un mapa ou, 
se vos animades, 
fixarvos nas meteorólogas e meteorólogos 
que nolo contan en televisión 
e gravar un vídeo curtiño 
amosando o tempo na Arousa.


Os fenómenos metereolóxicos 
son moitos e moi variados; 
para axudarvos a usar as palabras axeitadas,
imos lembralos e repasar o vocabulario para nomealos,
con axuda desta canción de Magín Blanco. 
Prestade atención, porque hai un montón!!!


Son máis de 30 palabras!!
que temos en galego para falar 
das "cousas do ceo".

Escribídeas no abecedario que 
temos na nosa libreta de linguas
cada unha na letra pola que empeza.

Para rematar, unha canción de 
Sergio Tannus sobre as nubes: 
grandes e pequenas, calmas e axitadas, suben e baixan,
 dun lado para o outro... "viaxan a Terra enteiriña".

Probade a mirar as nubes 
cun chisquiño de imaxinación.
A que ás veces semellan ter formas fantásticas?
Animádevos a sacar unha foto e contádenos a que se parecen estes días as nubes sobre a Arousa;
ou fai un mural xogando coa forma das nubes.

Este bonito conto pode darvos algunha idea:


Agardamos os vosos traballos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario