BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

xoves, 2 de abril de 2020

"AS TORRES DO TORRE"


...E OUTRAS TORRES EN GALICIA!

Bo día!!
Que rapidez!
Xa temos os primeiros datos da investigación: desvelada a incógnita!!
Isto é o que nos manda Pablo:

"Pois si, na Illa de Arousa tiñamos unha Torre. Estaba ubicada no lugar que agora fai referencia ao seu nome, na zona da Torre; e sabemos que seguía en pé a finais do século XVII, cunha estrutura semellante ás Torres de Catoira que nos comentades no blogue.

Igrexa de San Xulián
No século XIX foi derribada  a antiga igrexa da Illa situada no lugar chamado Nicho, por ser unha igrexa pequena e de pouco valor artístico e construíuse a igrexa actual, que segundo contan foi construida coa pedra da Torre."


E Breo completa cunha información 
moi curiosa e interesante, 
tamén sobre O NOSO COLE!!

Grazas tamén ao Señor Dopico e aos 
avoíños! Canto saben e nos axudan!

"Onte pola mañá chamamos ós avós daquí da Illa que lle gusta moito axudarnos , sobre todo co que ten que ver co cole e coa Arousa. A avoa ata se puxo en contacto cun historiador daquí que escribeu libros sobre a Illa. O señor Dopico, a través da avoa, comentou que todo o que dixo Pablo era así e ademáis dixo que a antiga torre daquí, tiña moita relación coa de San Sadurniño en Cambados e as do Oeste en Catoira. Parece ser que coa axuda destas torres, estas poboacións  comunicábanse entre elas sobre todo para avisar da entrada de saqueadores e invasores e facíano coas sinais propias da época: sinais de fume, lume...  Tamén dixo que o barrio da Torre era o máis antigo da Illa xunto co da Aldea (cerca do Regueiro) e o de Pedracerrada. Un dato curioso que sucedeu foi que, cando os propietarios dos terreos , onde está agora o cole, os venderon, a dirección que aparecía nas escrituras estaba equivocada, pois poñían lugar A Torre en lugar de O Pombal pero no momento de poñerlle nome ó colexio  decidiuse chamarlle deste xeito por tratarse do nome dun dos barrios máis antigos da Illa."

Tamén comezou a investigación dunha DECENA DE 
TORRES DE GALICIA!!

Xenial Breo!
Estupendo traballo Pablo!
Bravo Clara!


Xenial Alén!


Bravo Leo!! E tamén damos comezo ao 
RETO das...
TORREDECENAS!

BREO construíu... 
UNHA DECENA DE TORRES!!

El di que algunhas teñen UNHA ou 
DÚAS DECENAS de pezas e que outras...
están destruídas polos cabaleiros medievais, 
como algunha das do seu listado!


Clara fixo dúas "TORRES HIXIÉNICAS"!
DÚS DECENAS XUNTOU!!



E seredes capaces de adiviñar...
a cantidade de decenas que xuntou 
Leire na súa construcción?
Unha pista...son 100 unidades soltas!



Leo púxose a xuntar decenas...
e mirade que pedazo construcción!



Luca e a súa irmá  decidiron 
unirse ao reto de...
DESEÑAR UNHA TORRE!



E aproveitamos para preguntarvos...
Cantas decenas completas de vasos hai? 
(Coidado! Que pode quedar algunha unidade solta!;))
Esperamos as vosas respostas nos comentarios!

Tamén se uniu Alba coa súa...
"TORRELIBROS"!!


Alicia fixo varias torres...
sabedes con que? Con Wizzis!!



O mago Sergio cun abracadabra... 
fixo unha súper torre con legos
e outra coas cápsulas do café!!





Pablo fixo toda unha  cidade!
Torres máis pequeniñas, máis grandes...


Gael e a súa irmá utilizaron unha
 das 3 R a tope! REUTILIZAR!
Ademais din que... "para facer unha decena 
teñen que gastar moito papel, asi que  decidiron facer 
MEDIA DECENA!! e ir completando o castelo 
a medida que vaian reunindo máis rollos."
Xenial idea!!


A Clara ocurríuselle realizar unha 
"TORRE CON TAPÓNS"!
Vaia chulada!   Pero o mellor de todo é...
Sabedes cantas xuntou?? 264!!

Iso si que é paciencia para construír e contar!



A seguir investigando
e construíndo ARTISTAS!!

2 comentarios:

  1. Clara di q Leire ten 10 decenas e Luca na sua torre de casos. 4 decenas e 5unidades. Nn sei si é verdá. Mirade ben. Bkños pa todos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Clara cremos que...non vai nada desencamiñada! Que atención, si señor! A ver se máis compis se animan a participar e desvelamos a solución! jiji! Biquiños e grazas por participar! Fannos moita ilusión os vosos comentarios! ;)

      Eliminar