BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

mércores, 1 de abril de 2020

Día das Artes Galegas

Boa tarde!!
Hoxe cambiamos de mes!!!
Comeza un abril diferente a outros abriles.
Agardemos que sexa o mes da volta á normalidade.

Sabedes??
Xusto hoxe, día 1 de abril, 
celebramos o 
DÍA DAS ARTES GALEGAS,
Este ano está adicado a 
Domingo Antonio de Andrade
que naceu en Cee , na Costa da Morte, no 1792; un arquitecto galego de proxección universal.

A súa primeira construcción destacada foi a Torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela, coñecédela??



En Galicia hai un sinfín de torres: medievais, romanas, modernas, defensivas, de vixía, en castelos, en igrexas...




Moi pretiño de aquí, 
temos algunhas ben coñecidas: 
a de San Sadurniño, en Cambados, 
e as Torres de Oeste, en Catoira.


PoisAÍ VAI O PRIMEIRO RETO 
QUE VOS PROPOÑEMOS:
investigar, preguntar,... e averiguar o nome de alomenos 10 torres galegas, e onde están. Escribídeas e mandádenos foto.

Un momento!!!
 Como se chama o noso cole???
Torre Illa!!!
Que curioso… 
habería tamén unha torre na Arousa??? 
A ver se algúen de vós 
consigue desvelar a incógnita.

Para conmemorar esta data adicada a Domingo de Andrade, constructor da magnífica Torre do Reloxo aquí vai o SEGUNDO RETO para estes días: 

DESEÑAR UNHA TORRE
Podedes recrear algunha que xa exista en Galicia ou en calquera outro lugar do mundo, dándolle o voso toque persoal;
 ou podedes creala con esa fantástica imaxinación e creatividade 
coa que sempre nos sorprendedes.

Debuxádea e pintádea sobre o papel, elaborádea con elementos pegados sobre cartulina, ou mesmo construíde unha maqueta con todo tipo de obxectos que teñades á man. 


E se queredes, podedes xogar 
tamén a facer.... 
"TORREDECENAS", 
cunha decena de pisos,
 apilando unha decena de obxectos, dúas, tres…

E, xa sabedes, logo mandádenos a foto para poder marabillarnos 
cos vosos deseños.

Xogando co nome do noso colexio, 
que agora se atopa tan soíño e baleiro…
imos chamarlle a este proxecto:     
"AS TORRES DO TORRE"


 Mesmo podemos, cando volvamos, 
facer unha orixinal exposición, que vos parece??

Ningún comentario:

Publicar un comentario