Hoxe temos un SORPRESÓN PARA VÓS
que levabamos un tempiño argallando
e que por fin podemos ensinarvos!!
É un agasallo que OS MESTRES E MESTRAS
DO COLE queríamos facervos nestes días!!
A vós, os nosos nenos e nenas,
pero tamén a vós, familias!
Vai cheo de AGARIMO, ÁNIMO, SORRISOS,
APERTAS E TRANQUILIDADE!
TODO IRÁ BEN!!
E NÓS ESTAMOS E ESTAREMOS
AQUÍ SEMPRE AO VOSO LADIÑO!
POR FAVOR, DÁDELLE MOITA DIFUSIÓN!
Hoxe tamén...é un día moi especial!
Co debuxo de Pablo e as palabriñas da
súa nai, cremos que é suficiente!
“E hoxe, ademais, lembrámonos dunhas persoas especiais, aquelas que nestes momentos tan difíciles nos están a dar un gran exemplo. Hoxe, no día mundial do Autismo, non tiñamos globos pero imaxinámolos e debuxámolos, non tiñamos globos pero temos moitos corazóns!!!”
POR TODOS ESES CAMPIÓNS E CAMPIOAS!
POR TODOS VÓS, NENOS E NENAS,
QUE O ESTADES A FACER TAN BEN
ESTES DÍAS SENDO OS MÁIS
RESPONSABLES, SOLIDARIOS E PACIENTES!
Pero en especial...por vós,
os NOSOS NENOS E NENAS
do noso querido CEIP TORRE-ILLA!
QUERÉMOSVOS MOITÍSIMO
E BOTÁMOSVOS DE MENOS!!
Que vídeo tán bonito e tán emotivo! Moitísimas grazas por todo o traballo q estades a facer desde a distancia. E lóxico q os nen@s vos boten tanto de menos e os maiores tamén. Un millón de apertas
ResponderEliminarOla Marta!oitísimas grazas a ti polo comentario! Canto nos gusta poder lervos no blogue, porque ademais de saber as vosas opinións, sentimentos, etc. podedes lervos entre vós e poden lervos outros compañeiros! A ver se a raíz do teu comentario se van animando máis!jiji!
EliminarA nós si que nos emocionou facelo e, agora aínda máis, recibir reaccións deste tipo! A verdade que o noso traballo precisa do "cara a cara", do contacto diario, de ver as reaccións dos nen@s en directo, de sentilos...pero ao non poder ser, non queda outra que argallar os mellores xeitos de chegar a eles e a vós, claro!! Nós tamén vos botamos moito de menos, as titoras e, dou fe, os demais mestres que non deixan de preguntarnos por eles! Apertas para Leo e a familia! Grazas de novo!:)
Que emoción vervos a todos. A cancion moi acertada. Encantanos��������
ResponderEliminarE os globos de Pablo e familia tamen super bonitos e emotivos. Gracias por tanto����
Ola Inma! A verdade que ata a nós nos emocionou vernos! Que aínda que estamos moi en contacto...non é o mesmo! E xa non digamos o que nos emocionou facelo! E a canción...fala por si soa, é certo! E basicamente o que lle dixen a Marta no anterior comentario, todo é pouco para estar o máis pretiño posible e facerlles chegar o que os botamos en falta! E grazas polo teu comentario aquí! Non sabes a ilusión que nos fai!
EliminarE o traballiño da familia de PAblo tamén merece unha súper mención, certo!
Unha aperta enorme para Clara e toda a familia! Alicia.
Enhorabuena por el vídeo!! Aparte de ser muy bonito,transmite un mensaje de ánimo y esperanza que tanta falta nos hace en estos momentos tan delicados.Nos alegramos mucho de que tod@s estéis bien y esperamos seguir en contacto con vosotr@s.Saludos a toda la comunidad educativa del Torre-Illa.
ResponderEliminarOla! Antes de nada recordarvos que se comentades coa opción de "anónimo", por favor, decídenos quen escribe! Gustaríanos sabelo! Grazas! :)
EliminarMoitas grazas polas túas palabras! Alegrámonos de que a mensaxe chegara! E, por suposto, que aquí seguiremos para eses peques e para vós, como SEMPRE o fixemos! Unha aperta enorme!:)
Que bonito🥰🥰!!!graciñaaas por estar tan cerquiña dos nosos peques
ResponderEliminarOla Jenny! Antes de nada grazas a vós polos comentarios tan agarimosos, tanto por email como por aquí! E o xenial do blogue é que poden lelo outros mestres, familias e peques! Alegrámonos moito de que vos gustara! E a nós facelo non te imaxinas! Que emoción!E é o menos que podemos facer! Botámolos taaaaanto de menos!!
EliminarQue teñades a sensación de ternos pretiño...é a mellor recompensa! Aquí seguiremos! Unha aperta enorme a Leire e a toda a familia! :)