Boas tardes familias.
AQUÍ DEIXAMOS, RESUMIDA,
A MESMA INFORMACIÓN DO EMAIL:
O primeiro de todo, esperamos que todos os nosos pequenos e pequenas e vós
esteades ben! O segundo, grazas pola vosa colaboración sempre!
Agora que xa toca voltar destas diferentes vacacións que acabamos de vivir,
queriamos poñernos en contacto con vós para darvos unha información clara de
como se comezaría a desenvolver o terceiro trimestre, xa que a cousiña, como
sabedes, vai para largo.
Estivemos esperando instruccións
da Consellería pero nos instan a esperar ao mércores. Así que polo de agora non podemos decirvos nada fixo neste senso.
O que si temos claras son outras moitas cousas que aquí vos expoñemos para
dar un pouco de luz a esta situación (sen instruccións) que nos ten a tod@s
desconcertad@s.
Como vos dixemos na reunión de principio de curso, tiñamos claro que o máis
importante para nós era que os nen@s viñeran content@s ao colexio e, a partir
de aí, viría todo o demais! Ben, pois nesta situación que nos atopamos, e como
xa falamos con moitos de vós, o desexo segue sendo o mesmo pero aínda vai máis
alá! O que queremos que estén o máis content@s tamén nas súas casiñas, pero
sobre todo, san@s, segur@s e tranquil@s! Por iso cremos que é importante que
teñades recursos de actividades, enlaces, etc. e que teñan material para estar
entretidos e non perder de todo o ritmo, que tamén lles ven moi ben, pero
sempre adaptándose cada un ás súas circunstancias e divertíndose! Sen agobios
para ninguén!
Resumindo, cando teñamos instruccións volas faremos chegar pero, mentras
tanto, imos seguir na mesma liña de traballo que ata agora, que pensamos que é
a mellor, tamén polas vosas impresións nos emails e, por suposto, sempre moi
pendentes dos nen@s e o máis pretiño de vós que poidamos a través do email da
sineira (asineiradotorreilla@gmail.com)
e o blogue (asineiradotorreilla.blogspot.com).
Estade
pendentes tamén do abalar móbil porque tamén o usaremos de cando en vez para avisos
máis cortos e concretos.
Por certo, cambiamos o formato do BLOGUE para os que o vexades dende o
móbil porque nos parece máis claro e accesible. Para ver unha entrada concreta
só tedes que pinchar nela, e para velo como antes, abaixo de todo de calquera
entrada pinchades en "VERSIÓN WEB" e xa está!!
Polo tanto, esta semana darémola de marxe para situarnos tod@s (ou iso
esperamos), tamén para que os que desconectastes esta semaniña (moi ben feito!)
poidades ver e participar nas viaxes e retos que fomos propoñendo e pronto
esperamos darvos novas!
Sen máis, pedímosvos, por favor, que lle deades difusión para que chegue a todas as familias.
Moitísimas grazas de novo e moito ánimo!!
As mestras Mila e Alicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario