BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

luns, 13 de abril de 2020

VIAXE AO MUNDO DA IMAXINACIÓN!!

QUE ALEGRÍA, QUE ILUSIÓN…
ESTES DÍAS VIAXAMOS MOGOLLÓN!!

Xa nos preguntaban onte Paula e Cinthia
a onde nos gustaría viaxar a nós!!
Así que vamos coas vosas viaxes por fin!!


ALICIA non tardou en decidirse!!

Lede o que a súa nai nos mandou!!

“Iremos de vacacións a Sevilla!!! Oyee💃💃Iremos toda
a familia a coñecer un pedaciño de Andalucía,
daremos bonitos paseos en carruaxe de cabalos,
recorreremos as súas bonitas calles.
Que ganas temos todos de ir, pasaremos unha semana
ou o mellor 10 días todo depende de se nos entra
 a morriña da nosa estupenda Terra Galega😁
Porque ser galegos molaaa!”



Grazas por levarnos ata o sur!!

E mirade o que nos di a nai de LEO!

“Leo este fin de semana cansouse do coronavirus e foi de viaxe.
Dixo que quería ir a un sitio caluroso e investigando encontrou
a praia de Navagio en Grecia (unha das máis bonitas do mundo),
así q marchou! De paso visitou o Partenón, o teatro e aprendeu
unhas cousiñas máis. Xa volveu e está cansado pero dixo
que se volvía a ir de viaxe...sabe Dios a onde porque lle colleu o gustiño.”







E ata nos manda información interesante!!


Esa viaxe non ten desperdicio!!
Algo de praia e tamén de cultura! Xenial!!

DANIELA VÁZQUEZ leva días pedíndolle á súa nai
unha gran viaxe!! Lede, lede!!



Sabes Daniela? Nós tamén temos moitas ganas desa viaxe!!
E das roscas das madriñas e padriños!! Ummm!!

YLENIA propúxonos unha viaxe que lle gustaría 
EN BARCO!! e...
o que fai normalmente por estas datas!!





Grazas por levarnos de viaxe!!
E por esa rosca! Estaba boísima!! ;)

E seguimos viaxando en barco!!
ALÉN ten moi claro que o quere con piscina!!


Unímonos a ese chapuzón sen dubidalo!!

CLARA  tiña claras as dúas viaxes que quería facer!!
Unha máis pretiño que a outra!! Lede, lede!!





Nós uniriámonos ás dúas sen dubidalo!!

INÉS E ALBERTO xunto coa súa familia
teñen moi clara a súa viaxe favorita!!


PABLO e o seu irmán tampouco dubidaron cal era a viaxe que querían facer estas vacacións coa súa familia!! 
Á pregunta responderon...

"Queremos ir de Cruceiro polo Mediterraneo. Madre mía!!!!!

Pois así foi, marchamos os catro no noso coche a Barcelona e alí zarpamos rumbo 
a impresionantes cidades  europeas como Roma, Florencia, Mónaco etc.  
Na foto que enviamos podedes ver cada unha delas.  Falamos dos distintos países 
polos que pasamos, cidades, gastronomía, idiomas, lugares interesantes que visitamos, o clima, 
puxemos de fondo o sonido do mar. Que motivador escoitalo!!! 
E entre bailes na mini disco, de retos no ximnasio, de masaxes pasamos estos días."



Vaia viaxazo e cantas cousiñas interesantes!!

BREO viaxou coa súa imaxinación a mooooitos lugares...
pero mirade cal foi a decisión final!!




Cremos, sen dúbida, que a máis acertada! Ata nos emocionou!


OS PROFES TAMÉN NOS MANDAN AS SÚAS VIAXES!!

O PROFE CARLOS teno clarísimo!
E ata vos propón un xogo! Atendede! ;)


O PROFE TOÑO tamén nos mandou un vídeo ben
apetecible e...interesante!!



E pensabades que as vosas MESTRAS MILA E ALICIA 
NON TERÍAN ALGO PREPARADO? 

Claro! Pero é unha 
SORPRESA con ADIVIÑA incluída!!






 CANTO VOS BOTAMOS DE MENOS!!

PERO XA PRONTIÑO NOS VEREMOS!!

E PARA REMATAR...

CELTIA sorprendeunos cun mundo imaxinario…
que nos molou moito! Lede, lede!
Isto nos conta…

“Penso nun país imaxinario
 que se chama "Norea". Os seus habitantes son os "nurbanos".
As fontes son de chocolate e as pedras do camiño
de galleta. Os nenos mandan aos pais á cama e ninguén enferma, 
aínda que si existen os médicos (por se acaso).
Aínda que os nenos e os maiores de Norea
xogan todo o tempo, dalles tempo a estudar moitísimo porque
o fan mentras xogan...
En Norea os peidos teñen un olor a rosas frescas e existen
animais como o zebrafante ou o monoloro.”



E ata nolo situou no mapa!!



Chulísimo ese mundo! Invítasnos?
Agardamos que son sigas contando cousiñas deste país fantástico e aventuras dos seus habitantes!!!


E seguimos viaxando da man de ALBA!!

Ela nos leva a un lugar precioso cheo de animais!!


O que quedamos pensando as profes foi…
Celtia e Alba terán un buratiño para vernos?
Porque falan de animais que é co tema 
que pronto queremos comezar!!
POR ISO REMATAMOS CON ELAS! ;)

E POR CERTO!!
Aos que andabades de "viaxe" e vos conectades
despois destas vacacións... estades a tempo
de mandarnos os vosos!! Aquí os incluiremos!!

APERTAS VIAXEIRASSSSSSSS!!!!!




7 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Qué viaxes tan interesantes e chulas! Botovos moito de menos, pero seguro que pronto poderemos vernos. Moitos biquiños ��

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola profe Cinthia!! Que alegría o teu comentario!! A verdade é que non nos cansamos de viaxar estas vacacións! E ti, a onde foches? jiji! Estámolo a facer tan, tan ben que prontiño poderemos vernos! Botámoste de menos! UNha aperta enorme! :)

      Eliminar
  3. Que viaxes tán impresionantes!! E q imaxinación por parte de algúns como Celtia..queremos ver a un monoloro!
    Entrounos moita morriña co viaxe de Pablo porq ese mesmo viaxe fixemolo cando Leo tiña 3 anos e encantounos! Quen pudera volver alá..
    Moitas apertas a tod@s

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Marta! A verdade é que quen non ía dicir que viaxariamos tanto estas vacacións!! E a sitios tan variados e tan xeniais!! Tes razón!! E a imaxinación...non ten límites! Por iso molan moito estas actividades, nunca deixades de sorprendernos!! E a ver que podemos facer as mestras para que poidamos ver a un monoloro...e outros! jiji!
      Apertas viaxeirasssss! Alicia:)

      Eliminar
  4. Vaia viaxazos que acabamos de disfrutar e sen sair da casa! Breo e familia, canto nos gustou a vosa viaxe, o redor do mundo enteiro e cantas risas nos botamos, impresionante video jiji
    moitas apertas amiguiños

    ResponderEliminar
  5. Ola Silvia! (Que Silvia es?jiji! Temos varias!!) A verdade é que ao final foron unhas vacacións xeniais! De desconexión, descanso, estar coa familia e...percorrer mundos interminables!! Se é que cando a imaxinación, a motivación e a colaboración e esforzo se xuntan podemos conseguir o que nos propoñamos!! Unha aperta enorme e moitísimas grazas polo teu comentario! Que ilusión nos fan! :)

    ResponderEliminar