Bos días peques e familias!!
Como comenzaron estas vacacións tan diferentes?
Esperamos que con moita saúde e sorrisos!!
Xa comezamos a recibir
algún viaxeciño dos vosos…
#dendeacasa claro!!
Pronto chegará a publicación!
Pero mentras, o prometido é débeda!
“Unha viaxe cada día” era o trato, non?
Pois aí vai o primeiro!
Estreamos cunha…
”VIAXE AO MUNDO DA ARTE”!!
Nas últimas entradas falabamos de arquitectura
E hoxe toca…PINTURA!!
Coñecedes o precioso libro
“A nena e o grilo nun barquiño”??
O seu ilustrador é LEANDRO LAMAS,
O protagonista de hoxe!
Fai unhas obras xeniais!!
Pois a vosa “teacher” de EDUCACIÓN PLÁSTICA
propón no seu blogue un reto moi chulo!
Atrevédesvos??
As mestras xa estamos niso…
E un dos vosos mestres e un compi de primeiro B
xa foron dos primeiros en animarse!!
MIRADE QUEN...
Visitade o blogue e se vos apetece e.... A DEBUXAR!!
(pinchade nesta imaxe)
(pinchade nesta imaxe)
Logo como sempre, mandádenos as vosas
OBRAS DE ARTE!
E tamén a Olalla!
thearousabridge@gmail.com
Faranlle moitísima ilusión! Como a nós!
No debuxo que vos propón tedes dous oquiños
para cubrir coa vosa imaxinación!
Na PORTADA DO LIBRO podedes
poñer o voso FAVORITO!
E no OCO que está "abaixo á dereita"
unha MENSAXE DE ÁNIMO, por exemplo!!
E comezan a chegar artistadas!!
Desta vez da man de Gael, a súa irmá e a súa nai!
Neste caso, realizaron outra obra que o pintor
tamén ten "paso por paso" porque lles transmitía
esa sensación de liberdade que pronto teremos!!
Precioso lles quedou!! ;) GRAZAS por compartilo!
Luca e a súa irmá
tamén se decantaron polo mesmo debuxo!
Quedoulles xenial!! ;)
Clara tamén comezou o seu debuxo
pero aínda está rematándoo!
Mentres á súa nai Inma gustoulle á actividade
e uniuse ao reto!! Mirade que ben lle quedou!!
E outra nai á que lle encantou o reto
foi á de Alicia!! Lucía, que bonito che quedou!!
Leo Tamén se puxo a debuxar!!
Que chulada lle quedou!! ;)
E a Breo, xunto coa súa nai Charo, gustoulles
moito a actividade! E que chulo lles quedou!
ALGÚNS MESTRES tamén se están animando!!
Mirade que xenial o do profe TOÑO!!
Que vos parece o da profe MILA??
Mola, verdade?? ;)
E o da profe ALI??
Estupendo tamén,non??
E que nos dicides do da profe CINTHIA??
Quedoulle chulísimo!! :)
Para despedirnos...
deixámosvos cunha viaxe imaxinaria
á praia da que tantas ganas temos!
Sobre todo, das da NOSA QUERIDA AROUSA!
Apertiñas pintoras!!
Grazas profes por compartir este reto tan chulo que nos propón o gran Leandro Lamas.
ResponderEliminarEspero que vos guste a todos e todas.
Unha aperta enooooooorme!
Grazas a ti teacher por ter un blogue con actividades tan chulas!! Ademais de acompañarnos nestes diiñas tan complicados! Nós xa estamos rematando o reto..a ver se nolo das por superado!! jiji! UN biquiño enorme!! Querémoste e botámoste de menos!! As mestras de primeiro :)
Eliminar