E diredes vós…
VACACIÓNS?
Bastante
diferentes, verdade?
Pois iso pensamos as
mestras!!
Por iso non queremos deixar
de estar aquí
dalgunha maneira, nestes
días que a tod@s
nos toca quedar na
casiña!!
Así que decidimos…
SEGUIR PRETIÑO DE VÓS
DAS MANEIRAS MÁIS DIVERTIDAS
QUE SE NOS OCORRAN!!
Como serían días nos que pasearíamos
moito,
visitariamos a familiares,
iriamos de viaxe…
decidimos mandarvos esta
pregunta!!
A ONDE VOS GUSTARÍA VIAXAR?
Familias, vós tamén animádevos
a contárnolo nos comentarios!!
Pode ser un lugar real ou
imaxinario!!
E, coma sempre, podedes
construílo, debuxalo,
escribir un pouquiño
sobre el… o que queirades!
Tamén podedes viaxar sós
ou en familia!
Iso si, queremos que nos
enviedes os resultados
a través dunha foto ou
dun vídeo!!
Nós colgarémolos no blogue e así viaxaremos XUNT@S
coa nosa imaxinación a moitos lugares incríbles!!
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE A IDEA!!
Ademais, despois de
viaxar a todos eses lugares,
as mestras a cambio, vos
propoñeremos…
“CADA DÍA UNHA VIAXE DIFERENTE”!!
E non queremos desvelar
máis!!
Só preparade a vosa capa para voar con nós e...
ESTADE MOI ATENT@S!!
Podedes irnos contando nos comentarios
que vos imaxinades...
E de agasallo hoxe,
deixámosvos unha entradiña moi interesante e divertida
feita polas "teachers" Olalla e Alyssa sobre a
Semana Santa en Estados Unidos!
https://thearousabridge.blogspot.com/2020/04/easter.html
E seguide mandando os anteriores
traballiños se queredes!!
O email da SINEIRA sempre está dispoñible
O email da SINEIRA sempre está dispoñible
para recibilos e nós para colgalos no BLOGUE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario