Queridas familias:
Hoxe dirixímosnos
especialmente a vós para mandarvos todo o noso agarimo e ánimo nesta situación
que nos ten tan preocupados a tod@s e, como xa saberedes, se prolonga ata novo aviso. Así que seguiremos traballando
co blogue como ata agora e estando en contacto a través do email para o que
precisedes.
O que máis nos preocupa é que os nenos e nenas estén ben e o máis
tranquilos e entretidos posible. Grazas por ternos informadas a través do email,
xa que os botamos moitísimo en falta!
Como dixemos, seguiremos
colgando propostas voluntarias de actividades, a maioría lúdicas para
intentar de que, ademais de que estén entretidos e non perdan o ritmo, as tomen
como un xogo e isto se faga máis levadeiro para tod@s!
Non nos cansaremos de darvos
as GRAZAS as veces que faga falta pola vosa colaboración dende as casas para
que isto resulte máis sinxelo e, tamén, polas vosas mostras de preocupación, cariño
e apoio que non sabedes o que axudan e animan!
Volvemos a lembrar que non é
necesario imprimir as fichas e, por favor, aínda menos, saír a imprimilas! Hai
miles de opcións e agora o primordial e coidarnos moito tod@s!
OUTRA COUSIÑA IMPORTANTE:
Como xa puidestes ver na páxina
web do colexio chégannos instruccións de que, ESTE VENRES 3 DE ABRIL, temos que
facervos chegar as NOTAS (onde só se terá en conta o traballado ata o XOVES 12 DE MARZO,
nunca o traballo dende a casa) a
través da PLATAFORMA ABALAR MÓVIL.
Só
tedes que:
1. Entrar na aplicación
ABALAR MÓBIL.
2. Pinchar no nome do
nen@.
3. Pinchar no MENÚ (arriba
na esquerda).
4. Pinchar na pestana “Cualificacións”.
Por favor, os que non poidades acceder a esta aplicación polo motivo que sexa e queirades recibir as notas, escribídenos ao correo de sempre: asineiradotorreilla@gmail.com
para que llas poidamos enviar. Á volta entregaremos a tod@s os boletíns
impresos coma sempre.
AGRADECERIAMOS A
DIFUSIÓN DESTA INFORMACIÓN POR
TODOS OS MEDIOS QUE POIDADES PARA QUE CHEGUE A TODAS
AS FAMILIAS. GRAZAS!
Para rematar, queriamos expresar
que, como vos dicimos moitas veces nas titorías, as notas son un trámite e
máis, nestas idades e circunstancias así que, cando nos vexamos, que tod@s
desexamos que sexa moi pronto, seguiremos a falar dos nen@s nos termos que de verdade importan e cara a
cara, preocupándonos ademais de pola súa aprendizaxe, por enriba de todo, dos
seus sentimentos, do seu benestar a da súa tranquilidade.
Grazas pola vosa
comprensión e bo facer!
Mandámosvos DECENAS de
apertas, tranquilidade, ánimo
e todo o apoio que precisedes!
E máis aínda para esos
pequechos e pequechas que nos seguen a alegrar os días cos seus traballos, as
súas fotos, os seus sorrisos…
e aos que botamos tanto en falta!
Vémonos pronto!
As titoras de primeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario