Ola florciñas do noso xardín de primeiro!
Aínda que na casiña metidos…
chegou a primavera!!
Enterástesvos?
E con ela, hoxe día 21 de marzo,
O DÍA DA POESÍA!!
LIBRIA bótavos tanto de menos
dende a biblioteca do
cole que decidiu
propoñervos un RETO POÉTICO!
Ollade no blog da biblioteca!
http://bibliotorreilla.blogspot.com/
As mestras de primeiro imos un poquiño
máis alá e propoñémosvos que intentedes
escribir a poesía que escollades
(en minúsculas claro! A que o
sabiades?)
dentro dunha FLOR,
por isto da chegada da primavera!
Así despois…podedes colgalas polas ventás,
ou pola casa adiante para alegrar o día a toda a
familia!
Despois podedes mandarnos a foto ou o vídeo
recitándoa ao noso EMAIL:
asineiradotorreilla@gmail.com
e tamén ao email da biblioteca para
que LIBRIA as colgue no seu blog!
bibliotecatorreilla@gmail.com
asineiradotorreilla@gmail.com
e tamén ao email da biblioteca para
que LIBRIA as colgue no seu blog!
bibliotecatorreilla@gmail.com
As mestras xa nos animamos a grabar algo
e de paso…axudarvos nos pasos para debuxar
unha flor, en forma de POESÍA claro!!
Aquí vos deixamos a poesía completa
para que poidades lela:
Ademais, vos deixamos unhas fichiñas
da letra "d" de DÍA e da letra "p"
de POESÍA e de PRIMAVERA
por se queredes practicar!
Hai miles de poesías preciosas!
En todos os idiomas e formatos!
Tamén moi curiosas!
Algunhas incluso para practicar
os días da semana e meses do ano
que vos virán moi ben!
Preguntade ás vosas familias,
buscade en libros, en internet...
ou incluso animádevos a inventalas
con axuda dalguén!
Libria e as mestras de primeiro
esperamos con moitas ganas
esas poesías e ver as vosas cariñas!
Bo fin de semana primaveral!
Moitas apertas telemáticas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario