BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

domingo, 15 de marzo de 2020

Traballemos dende casa!!

Bos días pequenos, pequenas e familias!

Durante dúas semaniñas polo menos 

toca traballar dende a casa!



Ás mestras de primeiro tamén, polo que  vos facilitaremos unhas recomendacións para que sigades aprendendo moito e non vos aburrades!

A primeira e máis importante, coidade a vosa saúde e a da xente que vos rodea, polo que é moi importante seguir todas as medidas de hixiene que falamos no cole e facer moito caso ás vosas familias. Recordámosvos os pasos para lavar as mans!

Comezamos entón:

--LER, LER E LER! Un pouquiño todos os días. Podedes ler os vosos libros favoritos, de contos, cómics, adiviñas...o que vos apeteza. Iso si, intentando que sexan en minúsculas! Ademais vos deixamos uns enlaces de páxinas interesantes pero hai moitísimas máis!


pocoyo.com/adivinanzas/animales
http://www.chiquitajos.com/ninos/adivinanzas/


LIBRIA QUEDARÁ ENCANTADA!!


-Escribir moito EN MINÚSCULAS mellor: cartas a familiares, amigos e amigas, aos mestres, tamén ao superheroe e á superheroína...a todos os que se vos ocorran!



-Sé autónomo! Organiza as túas cousas e axuda nas tarefas da casa! Unha delas pode ser cociñar, aprenderás moito (podes medir, pesar, contar os alimentos...), comerás rico e feito por ti e, ao final, podes escribir a receita. A que é boa idea? E sempre intentando levar a cabo unha alimentación súúúper saudable!

ÁBREME MOITO!!

ÁBREME POUCO!!







- Recordas o que falamos de que as matemáticas están presentes na nosa vida? Pois é a hora de aplicalas! Conta, conta todo o que te atopes! As flores do teu xardín, os libros da túa estantería...E despois realiza PROBLEMAS de sumas e restas con eses elementos e outros que atopes na túa casa: no xardín, na neveira... 


Podes ordealos tamén cos NÚMEROS ORDINAIS dende o 1º ata o 10º. 

Esta páxina pode resultar interesante:

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/matematicas/sumas


Tamén esta iniciativa do colectivo NOGA: #pandemiadecontos. Polo de agora teñen este que nos axudará nas matemáticas, pero estade atentos que haberá máis!https://www.youtube.com/watch?v=PFt7WnF87Ts





- Como estas semanas estabamos comezando a traballar sobre os ANIMAIS comeza a investigar sobre eles! Investiga sobre a túa mascota, sobre os animais que te rodean, o teu animal favorito...Podes facer un traballo voluntario sobre o que investigues que logo podes expoñernos na clase...que diso xa tedes moita práctica e aprenderemos un montón!



AMARANTA ESTARÁ MOI ORGULLOSA DO VOSO TRABALLO!





- Realiza un DIARIO DE BITÁCORA, no que cada día recollas a DATA (repasando os días da semana, meses, estacións...como facemos todos os días na aula. En galego, castelán e, por suposto, en inglés!!), tamén un debuxo/fotografía do que fixeches, leches, cociñaches ese día, só unha cousa, acompañado dunha pequena  frase que o explique...en minúsculas claro!


Faille unha portada e contraportada, decora as páxinas...bonitas, creativas, orixinais! 

Como vos sabedes e recordando os moitos recursos que aprendemos na aula!!


- Facede exercicio! 

Bailade, xogade, correde...sen olvidar descansar moito, moito e cargar pilas!!

O profe Toño ten unhas propostas moi interesantes para vós no seu blog:

https://eftorreilla.blogspot.com/2020/03/traballo-para-educacion-fisica-para-1-2.html


- Practicade inglés visitando o blogue da profe Olalla:  

thearousabridge.blogspot.com


Se tendes algunha dúbida escribide a: thearousabridge@gmail.com

- E a non deixar de disfrutar e aprender coa música no blogue do mestre Carlos:

torremusiquilla.blogspot.com/p/torremusiquilla-1.html


Se tendes algunha dúbida podedes escribir a: carlosabraira@edu.xunta.es

Tamén vos deixamos unhas páxinas moi interesantes con recursos de todo tipo:

www.digipuzzle.net

http://profedegarda.blogspot.com/

(Blog que comparte con nós a nosa compañeira Belén onde,
na parte esquerda tedes moitos recursos para primeiro
e na dereita xogos educativos para entretervos!)

Recordade que estas dúas semaniñas debemos #quedarnacasa pero, tamén, seguir traballando e aprendendo na medida do posible. 

Todo o anterior son propostas interesantes para non perder o ritmo e, seguiremos ampliándoas. 


Todo o necesario o teredes aquí, xa que nestes días o traballo debe de ser telemático, así que, por favor, non acudades ao colexio a nada pola seguridade de todos.

Calquera cousa que necesitedes quedamos á vosa disposición nos comentarios deste blog (animámosvos a que nos escribades, tanto os pequenos como as familias, preguntando dúbidas, comentando o que estades a traballar, descubrir, etc., así nos sentiremos máis pretiño!). Tamén dispoñedes do correo electrónico de sempre para o dito anteriormente ou para enviarnos algunha cousiña se así o considerades:  

asineiradotorreilla@gmail.com


Os mestres seguimos á vosa enteira disposición e sempre mandando todo o noso ánimo, forza e optimismo nestes días e transmitíndovos calma...entre todos e , con moita responsabilidade, superaremos "este bichiño" e pronto poderemos volver a vernos, darnos apertas e aprender e disfrutar xuntos!


 E tamén co superheroe e a superheroína que vos estarán coidando dalgunha maneira pero, estes días...dende o seu edificio de mooooooitas plantas!


Moitos saudiños e sorrisos tan necesarios nestes días!!
Os mestres de primeiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario