BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

martes, 24 de marzo de 2020

Polos superheroes e superheroínas sen capa!

Ola amigos e amigas do SOL!


Onte a entrada foi adicada a vós, 
os nosos SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!

Pero hoxe toca facer un pouquiño de memoria…


Fai uns mesiños visitounos no cole unha gran
superheroína sen capa, ela é VERO BOQUETE!!



Fai uns diiñas, o profe Toño tamén nos falou do
mesmo e deunos unha pista con esta foto:


E o noso compi Breo escolleu un poema
doutra superheroína galega: Rosalía de Castro!!



Pois hoxe queremos acordarnos de todos 
eses SUPERHEROES E  SUPERHEROÍNAS SEN CAPA que estes días traballan sen descanso para COIDARNOS
 e que NON NOS FALTE DE NADA!! 
Hai aínda máis que os da foto!


E AGORA VEN A VOSA PARTE!
De seguro que alguén na vosa familia, 
amigos, veciños ou coñecidos 
ten que saír a traballar estes días!  
Inncluso os que tiveron que pechar para
protexerse, protexernos  e coidarvos!

Pois imos a acordarnos deles e 
adicarlle un debuxo, unha foto, un vídeo , 
unhas palabras, unha cartiña...o que se vos ocorra! 
Coma sempre...toda a imaxinación a voar!



Se non coñecedes a ninguén, pode ser algo en xeral!
Pode ser incluso unha actividade en familia! 
(Sempre contando que sairedes no blog, jiji!
 polo que precisamos que mandedes autorización escrita
ao email, sobre todo se saen menores de idade!jiji!)



As mestras unímonos...
POR VÓS FAMILIAS!!

Que sabemos dalgunhas porque viñestes
a compartir con nós as vosas profesións! ÁNIMO!

POR ELES E ELAS QUE SON UNS AUTÉNTICOS SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS ESTES DÍAS 
E SEMPRE...GRAZAS!!

Tamén se unen os nosos amig@s!



Ánimo e moitas grazas familias!
Xuntos o conseguiremos!

2 comentarios:

  1. Son Gael. Os boto moito de menos.ÁNIMO COMPAÑEIROS e un bico forte para Alicia.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Gael!! Que alegría saber de ti e que te animaras a escribirnos un comentario! As profes tamén vos botamos moitísimo de menos pero o importante é estar ben e pronto pasará isto e volveremos a estar xuntos no cole! Escribirnos e mandarnos fotiños axúdanos a sentirnos máis cerquiña! Ánimo para ti tamén e unha aperta enormísima para os 4!

      Eliminar