BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 20 de marzo de 2020

Seguimos dando alegría a estes #díasnacasa!


Ola outra vez!!

Aínda que parece que a choiva
quere comezar a aparecer…
xa vos encargades vós de poñerlle luz
e alegría a estes días coas creacións que
nos seguides mandando para as vosas ventás!

Celtia mándanos moito ánimo e co seu sorriso
recórdanos que xuntos poderemos con esto!





E tomou tan ao pé da letra a mensaxe
#dendeamiñaventá…que non só colgou o mural!!



A Iker xa non lle chegaba un papel
que decidiu facelo ao grande!!
Así que en galego e inglés nos manda
todos os seus mellores desexos…cun sorriso!!



Parece que a Clara e á súa irmá
tamén lles quedaba pequeno un papel
e...puxéronse mans á obra!!





E que ben lles quedou con tantas cores!
Canta alegría e esperanza nos transmiten! 



Dani tamén decidiu decorar a súa ventá
a grande tamaño e con moitas cores
A ver se a mensaxe chega mellor!



Vese que Alicia se está a portar moi ben
que decorou a súa ventá cun DIPLOMA!



Leire tamén se uniu a este reto
cun precioso arco da vella!!




Sergio tamén se animou a decorar a súa ventá!
Coa cor vermella apartou o "bichiño" de nós
e recordounos que somos fortes
e que XUNTOS podemos con isto e máis!!



Alba púxose tamén mans á obra
e fixo un corazón precioso
para mandarnos tooooodo o seu agarimo
e o seu ánimo coas palabriñas que escribiu!


E, por suposto, acompañada da súa mascotiña
que...tamén #quedanacasa!
Preciosos os dous!



Ylenia tampouco deixou de traballar
a pesar de estar maliña!
Ademais fíxoo ao graaaaaaaaande!!
Un gran arco da vella cunha mensaxe
que nos anima moito! Grazas!
 E tamén fixo a poesía na flor!
Mirade que preciosidades!



Pepe tamén se puxo mans á obra e...
decorou a súa ventá!!



Luca tamén se animou a darlle vida á sua ventá
e alegrar así aos veciñ@s!
Aproveitou para facer unha chulísima manualidade
que convertiu nun precioso arco da vella
cunha mensaxe de ánimo! Canto traballou!



Alberto nos manda unha mensaxe de ánimo...
xunto cos Bolechas!! Como nos gustan!!



Alicia fixo un gran arco da vellaaaaaaa!!
E, por suposto, ela tamén nos recorda
que eles tamén #quedannacasa! 
Moi ben campioa!!



Alejandro co seu debuxiño mándanos
unha mensaxe de mooooito ánimo!!


Inés se une ao reto cun arco da vella...
e con vistas ao Río do Con!! Preciosas!!



Daniela sorpréndenos por duplicado!
Primeiro fixo unha obra 
de arte para ensinarnos...



E, a continuación...fíxoa xigantísima
para a súa ventá!!



E, por se non fora pouco, fixo un debuxo para 
recordarnos unha importantísima recomendación.
Ela mesma volo conta:

“Este é o noso coronavirus pegañento,
para que non se nos olvide lavar as mans
cada pouco, porque sabemos que este virus
é moi cariñoso e se quere pegar aos nosos corpos.”

Grazas Daniela polos teus estupendos traballos
e por recordarnos algo tan importante!
Neste vídeo ilústrase tamén moi ben!


E neste outro tedes un experimento moooi
ilustrativo sobre o mesmo!
Podedes facelo vós mesmos na casa
e logo nos contades!
Só precisades pementa, auga e xabón!


E...SORPRESA!!
Tres mestras máis 
tamén se uniron ao noso reto e ao da teacher!


A profe Belén dende a súa casiña
mándanos unha chea de bicos, apertas...
para que estes días resulten máis sinxelos!! 



A profe Paula tamén quixo aparecer para vós!!


Tamén a profe Cinthia! Mirade!


E...estades preparados e preparadas?
Porque a profe Mila púxose a recortar...
e a recortar...e a recortar...
e mirade que argallou para vós!!


Soles e máis soles cos vosos nomes
para que non deixedes nunca de alumear
nin de alumearnos!! 


E...isto si que non o esperades!!
A "teacher" do curso pasado dalgúns de vós...
tamén vos quixo mandar a súa mensaxe pero,
sobre todo, o seu ánimo e o seu SORRISO!!
Grazas Claudia!! :)


Alumnado e mestres seguimos UNIDOS
máis que nunca!!


GRAZAS por seguir aí, SEMPRE...
#dendeasvosascasiñas!!!

Querémosvos!!
:)

Ningún comentario:

Publicar un comentario