BLOG DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 5ºB DO CEIP TORRE ILLA.
UNHA SINEIRA ONDE COLGAR PROXECTOS, TRABALLOS E EXPERIENCIAS.

venres, 20 de marzo de 2020

RECORDATORIO IMPORTANTE !

Bos días familias!
Debido a que esta situación de peche do colexio 
e da cuarentena nos colleu de repente 
e sen poder falar con vós nin explicarvos 
como iamos traballar estes días 
e están xurdindo dúbidas, vos aclaramos que 
toda a información importante atoparédela 
na páxina do colexio:


E, en concreto, as propostas de actividades 
de primeiro, as estamos colgando neste blog
o de sempre!


Na primeira entrada que fixemos é onde 
se dan propostas xerais para levar a cabo 
estes días e que o alumnado non perda  o ritmo 
e teñades opción interesantes e variadas! É esta: 


Despois, imos ampliando a diario estas propostas 
nas seguintes entradas do blogue. 
É importante recalcar que todo é VOLUNTARIO 
e na medida das posibilidades de cada un, 
sen agobios que xa a situación o é bastante.

E sempre quedando á vosa disposición nos comentarios 
do mesmo (que podedes animar aos nenas e nenos 
que intenten escribilos eles e así practicar 
co ordenador e que nos fan moita ilusión 
e poden lelos todos os compis. Tamén vós familias!) 
ou no email  do que estamos sempre pendentes:

asineiradotorreilla@gmail.com

Aproveitamos a ocasión para mandarvos 
todo o noso agarimo, ánimo e sorrisos 
nestes días de incertidume e nervios! 
Tamén para agradecervos, unha vez máis 
e máis que nunca, a estreita colaboración 
que estades mostrando unha vez máis 
e que resulta imprescindible nestes días! 
Esperemos que todos estedes ben e poidades 
#quedarnacasiña para que isto remate 
o máis pronto posible e poder volver á normalidade 
que tanto desexamos todos! Aínda queda pero pronto 
chegarán os achuchóns, os saudiños pola mañán 
e as charlas en calquer momento e lugar 
que tanto botamos en falta xa! 

Grazas de corazón 
e aquí estamos para o que precisedes...
COMA SEMPRE!

Apertiñas telemáticas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario